Francisco Prieto Losada, nado en Manzaneda en 1853, foi un fotógrafo galego.

Traxectoria Emigrou a América, onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Retornou convertido ao protestantismo, e instalouse en Madrid compaxinando o traballo de fotógrafo coa divulgación da súa fe. Na capital coñeceu á súa muller Soledad García.

En 1881 instalouse en Ourense e abriu o estudio La Luz Universal. Continúa cos seus labores pastorais, visitando toda Galicia. Trasladouse a Pontevedra, onde desenvolveu a súa etapa máis recoñecida como fotógrafo e foi redactor de El Látigo. En 1892 abandona Pontevedra e marcha a Madrid e instala un estudio na rúa Carranza. En 1897 promoveu unha iniciativa para dar a coñecer Galicia en Madrid mediante unha exposición de fotografías no seu estudio.

Tamén foi masón.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Prieto Losada vs. Prieto Losada Prieto Losada (Baldomero Lois, El Eco de Galicia)

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Personalidades do protestantismo de Galicia Categoría:Xornalistas de Manzaneda Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes