A , tamén coñecida como a mina de carbón de Mitsui Miike (三井三池炭鉱, Miike Tankō), foi a mina de carbón meirande do Xapón. Estaba situada preto das cidades de Ōmuta, na prefectura de Fukuoka, e Arao, na prefectura de Kumamoto.Karan, P.P. & Stapleton, K.E. (1997) The Japanese city University Press of Kentucky ISBN 0-8131-2035-7. Forma parte da lista do patrimonio da Humanidade da UNESCO desde xullo de 2015 dentro do conxunto «Lugares da revolución industrial da era Meiji no Xapón: siderurxia, construcións navais e extracción de hulla».«Sites of Japan’s Meiji Industrial Revolution: Iron and Steel, Shipbuilding and Coal Mining» (en inglés).

A explotación da mina encomezou durante a era Kyōhō baixo o control do clan Tachibana.Norman, E.H. & Woods, L.T. (2000) Japan's emergence as a modern state: political and economic problems of the Meiji period, 59 No ano 1872 o goberno Meiji nacionalizounaIndustrial pollution in Japan Chapter - 5 The Miike coal-mine explosion e en 1899 o zaibatsu Mitsui fíxose co seu control. A mina pechou en 1997 arrasando a economía local.Workers get the shaft in Mitsui coal mine closure Asahi Shimbun, 18 de febreiro de 1997 Catástrofe O 9 de novembro de 1963 acaeceu unha explosión accidental na que morreron 458 persoas directamente pola detonación e 438 a causa da intoxicación por monóxido de carbono. Moitos dos sobreviventes quedaron afectados por lesións cerebrais graves e permanentes.

Notas

Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Prefectura de Kumamoto Categoría:Minaría Categoría:Patrimonio da Humanidade no Xapón