Narcisa Pérez Reoyo y Soto de Boado, nada en Santiago de Compostela o 4 de maio de 1849 e finada na Coruña o 19 de xuño de 1876, "Narcisa Pérez Reoyo" en La Ilustración Gallega y Asturiana, 8/11/1880. foi unha poeta galega en lingua castelá."Pérez Reoyo y Soto de Boado, Narcisa" in Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 48, p.97."Pérez Reoyo e Soto de Boado, Narcisa" in Enciclopedia Galega Universal, t. 13, p. 370. Ídem in Dicionario biográfico de Galicia, t. 3, p. 96.

Traxectoria Filla única do médico e escritor Narciso Pérez Reoyo, burgalés residente na Coruña, e de Pepa Soto, relacionouse co matrimonio Murguía-Castro. Casou con Nicolás Boado del Pan, profesor da Escola de Belas Artes da Coruña, con quen tivo dous fillos. (2015) "Manuel Murguía e Rosalía de Castro nos inicios como escritora de Narcisa Pérez Reoyo" Madrygal. Revista de estudios gallegos 18.

Asinou no Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego de Lugo, Revista Gallega, El Angel del Hogar e La Voz de la Caridad de Madrid e en La Revista Católica de Zaragoza.

Finou prematuramente na Coruña, con 27 anos de idade. miniatura|esquerda|200px|Horas perdidas, 1873.

Obra Cantos de infancia, prologado por Manuel Murguía, A Coruña: Tipografía Galaica, 1865 (con 16 anos de idade). Devocionario infantil, dedicado a Afonso de Borbón (Afonso XIII, aínda Príncipe de Asturias),"Base de datos de encuadernación histórico-artística" Lugo: Imprenta de Soto Freire, 1867.Prólogo de Devocionario infantil. Horas perdidas, Lugo: Imprenta de Soto Freire, 798 páxinas, 1873.Horas perdidas en Galiciana, Biblioteca de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, M.ª Anjos (2007): "Produçom literária de autoria feminina galega entre as décadas de 1860-1880: os casos de Rosalía de Castro, Emilia Calé, Narcisa Pérez Reoyo…" in Helena González e M.ª Xesús Lama (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península, do Castro - AIEG - UB, pp. 181–190.

Ligazóns externas : Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega.

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1876 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua castelá