Diario de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1848. Historia e características Apareceu en 1848. Imprimíase no establecemento tipográfico de Juan Rey Romero. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Dedicou unha sección a Noticias locais. Publicaba datos de observacións meteorolóxicas, movemento de poboación e estatísticas da ensinanza universitaria, ademais dunha sección de anuncios. Os domingos insería un suplemento titulado Revista Literaria.Revista Gallega, 2-6-1895, p. 3. Continuou a súa liña editorial en El Patriota Compostelano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1848 en Galicia