T'Boli é un municipio filipino de primeira categoría, situado ao sur da illa de Mindanao. Forma parte da provincia de Cotabato do Sur situada na Rexión Administrativa de Soccsksargen, tamén denominada Rexión XII.
Para as eleccións está encadrado no Segundo Distrito Electoral desta provincia.
Ocupa unha superficie de 895,83 km2 e tiña o 1 de maio de 2010 unha poboación de 79.175 habitantes.
Barrios O municipio de T'Boli divídese, a efectos administrativos, nos 25 barangayes ou barrios seguintes:Baixo o Código de Goberno Local de 1991, os antigos barrios de Filipinas denomínase como barangays. Basag Edwards (Poboación) Kematu Laconon Lamsalome Nueva Dumangas Sinolón Lambangán Maán Afús Lambuling Lamhako Población Talcón Talufo Tudok Aflek Datal Bob Desawo Dlanag Lemsnolón Malugong Mongocayo Salacafe T'bolok
Historia Poboación local A etnia t'boli, tamén coñecida como tiboli ou tagabili é un pobo indíxena que habita nos muniicpios de T'Boli, Surala, Kiamba e Polomolok..
Época colonial española miniatura|250px|Goberno de Mindanao: os 5 Distritos creados por Real Decreto de 30 de xullo de 1860. O Distrito 4º de Dávao, chamado antes Nova Guipúscoa, cuxa capital era o pobo de Dávao e incluía a Comandancia de Mati, formaba parte do Imperio español en Asia e Oceanía (1520-1898).
Despois da independencia O 18 de xullo de 1966 o presidente Ferdinand E. Marcos susbcribe a lei Republic Act No. 4849 pola que os municipios de Norala, Surala, Banga, Tantangán, Koronadal, Tupi, Polomolok, Kiamba, Maitum, Maasim, Tampacán e Glan, así como a cidade do Rajah Buayan, hoxe General Santos, segregábanse da provincia de Cotabato para formaren unha nova denominada provincia de Cotabato do Sur sendo a súa capital o municipio de Koronadal. A actual provincia de Cotabato, menos o territorio que comprende os municipios antes mencionados, continuaría sendo coñecido como Cotabato.PHILIPPINE LAWS, STATUTES AND CODES - CHAN ROBLES VIRTUAL LAW LIBRARY: REPUBLIC ACT NO. 4849 - AN ACT CREATING THE PROVINCE OF SOUTH COTABATO.
O municipio foi creado o 5 de marzo de 1974, establecéndose a casa do conccello no barrio de Kematu, sendo Mai Tuan o seu primeiro alcalde.
O 11 de novembro de 1982 os barrios de Lago de Sebú (Lake Sebu), Bulong, Talisay, Lake Lahit, Luhib, Hanoon, Maculan, Halilan, Lam Dalag, Lam Lahak, Te Kumil, Datal Lawa, Tafal e os sitios de Anko, Tansa, Ned, Kalaong, a Reserva de Tasaday Manobo Blit (amparada na Presidential Proclamation No. 995), até ese momento pertencentes aos municipios de T'Boli e de Surallah, pasaron a formar o novo municipio de Lago de Sebú.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Official Gazette: ACT NO. 2657 AN ACT CONSISTING AN ADMINISTRATIVE CODE CHAPTER 2 Political Grand Divisions and Subdivisions. Ignacio Villamor, Director: Census of the Philippine Islands taken under the Direction of the Philippine Legislature in the year 1918. Volume I Geography, History, and Climatology. Compiled and published by the Census Office of the Philippine Islands. Manila, Bureau of Printing, 1920.
Categoría:Xeografía de Filipinas