dereita|miniatura|Teatro El Círculo, sede do III Congreso en Rosario, na Arxentina. O Congreso Internacional da Lingua Española é un foro de reflexión sobre a lingua castelá no que se discute sobre a situación, problemas e retos da lingua. Realízase cada tres anos nalgunha cidade de España ou Hispanoamérica, e a súa organización está a cargo do Instituto Cervantes, que cumpre as funcións de secretaría xeral permanente dos Congresos, a Real Academia Española e a Asociación de Academias de la Lengua Española, así como o país organizador de cada edición.

O seu obxectivo é avivar a conciencia de corresponsabilidade de gobernos, institucións e persoas na promoción e na unidade da lingua, entendida como instrumento vertebrador da comunidade iberoamericana, no diálogo con outras linguas que son vivo patrimonio común dela. Os participantes son escritores, académicos, intelectuais, profesionais e expertos relacionados coa lingüística, as comunicacións e a lingua castelá.

Congresos realizados EdiciónDataCidadePaísLemaIEntre o 7 e o 11 de abril de 1997Zacatecas"A lingua e os medios de comunicación"IIEntre o 16 e o 19 de outubro de 2001Valladolid"O idioma español na sociedade da información"IIIEntre o 17 e o 20 de novembro de 2004Rosario"Identidade lingüística e globalización"IVEntre o 26 e o 29 de marzo de 2007Cartaxena de Indias"Presente e futuro da lingua española. Unidade na diversidade"VSuspendidoO V Congreso foi suspendido por mor dun forte terremoto que sacudiu o país menos dunha semana antes. (programado entre o 2 e o 6 de marzo de 2010)Valparaíso"América na lingua española"VIEntre o 20 e o 23 de outubro de 2013Panamá"O español no libro"VII Entre o 11 e o 19 de marzo de 2016San Xoán"Lingua española e creatividade"VIII Entre o 27 e o 30 de marzo de 2019http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/ya-tiene-fecha-el-congreso-de-la-lengua-en-cordobaCórdoba"América e o futuro do español. Cultura e educación, tecnoloxía e emprendemento"IX Maio de 2022Arequipa

Controversias miniatura|Cartel do "Congreso de laS LenguaS". No primeiro Congreso, o relatorio de Gabriel García Márquez, titulado Botella al mar para el dios de las palabras, abogou pola "xubilación da ortografía". De xeito simultáneo á realización do terceiro Congreso en Rosario, o arxentino Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz, inaugurou o 1º "Congreso de laS lenguaS" (sic) para reivindicar a recuperación da memoria e a identidade das linguas dos pobos indíxenas de América. Por outra banda, cancelouse a participación da lingüista Nélida Donni de Mirande, acusada pola Universidade de Rosario de colaborar coa última ditadura militar na Arxentina (1976-1983).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Actas dos Congresos realizados Páxina oficial do IV Congreso da Lingua Española (Cartexena de Indias, Colombia) Páxina oficial do VI Congreso da Lingua Española (Panamá)

Categoría:Lingua castelá Categoría:Congresos