Isabel Calvo de Aguilar, nada en Caldas de Reis en 1916, foi unha escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria

Na década de 1950 fundou e presidiu a Asociación de Escritoras españolas. Foi daquela cando publicou a que, fóra da ficción, está considerada a súa meirande obra: Antología bibliográfica de escritoras españolas (1954). No campo da novela, no cal chegou a ser cualificada como a Agatha Christie española,An Encyclopedia of Continental Women Writer (Volume One: A-K), Katharina M. Wilson. Garland Publishing, Inc. Nova York e Londres (1991). páx. 202 é autora de obras como Doce sarcófagos de oro (1951), El palacio chino (1952), La isla de los siete pecados (1953), La danzarina inmóvil (1954), El monje de los Balkanes ou El numismático.

Colaborou en ABC. Foi distinguida co Premio de Periodismo Costa del Sol.

Dirixiu en Madrid a colección Júpiter y Danae de ediciones Rumbo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas [http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1956/03/14/062.html Recensión dunha obra da autora] no diario ABC'' o 14 de marzo de 1956.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1916 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido