Yernes y Tameza é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 159 habitantes, sendo o concello menos poboado de Asturias.
Limita ao oeste, norte e nordés con Grau, ao sueste con Proaza e ao sur con Teberga. Atópase na zona centro-occidental da comunidade, encravado entre montañas na zona alta do río Cubia.
Demografía
Yernes y Tameza caracterizouse historicamente por ser un dos concellos menos poboados de toda Asturias, pasando de ter 842 habitantes a principios do século xx, a 128 na actualidade, que poñen en perigo a propia existencia do concello.
Desde que a mediados da década de 1930 o territorio alcanzase a súa cota máxima de poboación con 892 persoas, o descenso producido foi bastante considerable, debido sobre todo das poucas perspectivas que presentaba o concello e que fixo que as persoas máis novas optasen por saír cara ás poboacións con máis oportunidades e industria do centro da rexión, como Xixón, Oviedo e Avilés así como cara ao veciño concello de Grau. Todo isto fai que hoxe en día Yernes y Tameza presente unhas estruturas demográficas realmente desarticuladas, observando que máis do 70% da poboación supera os 55 anos e que un 15% non chega aos 30, sendo irrisoria a cantidade de mozos menores de 15 anos da zona, un 3% do total. Estes datos revélannos unha poboación bastante envellecida.
Parroquias O concello está formado por dúas parroquias e cinco entidades: Tameza Fuxóu Villabre (capital do concello) Villuarrí Yernes Vindías Yernes
Festas Entre as súas festas destacan: Romaría de Acibidiello en Villabre, en xuño. Festas de San Antonio en Yernes, en xuño. Feira de Cuevavallagar no porto, en agosto. Festas do Rosario, tanto en Yernes como en Villabre, en outubro.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos de Asturias Categoría:Yernes y Tameza