Faro-Miño foi un semanario editado en Chantada en 1908.
Historia e características Subtitulado Semanario de Chantada, apareceu o 22 de agosto de 1908.La Idea Moderna, 26-8-1908, p. 2. Fundado por José Costa Figueiras,El Norte de Galicia, 25-8-1908, p. 2. que era o redactor-xefe. Aliñado co bando liberal, a carta programa do periódico estaba asinada por José Costa, Manuel Vázquez Gil (alcalde de Carballedo), Pejerto de Soto (concelleiro de Chantada), Alejandro Baanante (farmacéutico) e Manuel Rodríguez Guerra.El Norte de Galicia, 31-8-1908, p. 2. Cesou a súa publicación a finais de 1908.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Chantada
Categoría:1908 en Galicia