Faro-Miño foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1923 e 1928.
Historia e características Subtitulado Órgano de la comunidad chantadina en el Plata, apareceu en setembro de 1923El Eco de Santiago, 24-9-1923, p. 2.. Editado pola Asociación de Chantada y su Partido en Buenos Aires, estaba dirixido por Francisco V. Vázquez. Entre os seus colaboradores figurou Xesús Fernández González. Teolindo Cortiña era o seu correspondente en Monterroso. Cesou a súa publicación non antes de 1928El Pueblo Gallego, 13-9-1928, p. 13..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Catálogo da Hemeroteca da Real Academia Galega.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires