Santa María de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1007 habitantes (504 mulleres e 503 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.091 habitantes.

Historia A parroquia foi entregada á Igrexa de Compostela polo Rei Afonso III, nos anos 893 e 899.

Patrimonio A igrexa de Santa María de Areas foi levantada en 1878, para substituír a antiga situada na Fox, no lugar de Ganade e que, debido á súa proximidade ao Río Tea, sufría frecuentes inundacións. Nela sobresae un retablo de pedra adicado á Virxe das Dores e da Paixón do Señor, obra do canteiro José Cerviño García.

Na parroquia sitúanse tamén a capela de San Brais, do século XVII; a de Santa Lucía, do XVIII; e a de Pesqueira, esta última en estado de abandono.

Dentro da arquitectura civil destacan o pazo de Porto Barreiro, dos Ponce de León, na súa maioría obra do século XVIII; o de Vista Alegre, do século XIX, hoxe usado como centro de formación profesional; e a Casa Grande de San Brais, de data de edificación descoñecida.

Demografía Anos 20182017201620152014Homes 503500508511518Mulleres504513508507516Total10071013101610181034

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Areas

Parroquias de Ponteareas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas

Ligazóns externas Areas na web do concello de Ponteareas

Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María