Tarsius dentatus é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius, coñecido na bibliografía internacional como tarsio de Wallace.
É un pequeno tarsio arborícola de cor parda, endémico das selvas da provincia de Sulawesi Central (Célebes Central), Indonesia, onde hai dúas poboacións, unha ao norte e outra ao sur, separadas pola baía de Palu, a cidade de Palu e a parte meridional do istmo de Palu, nunha zona habitada hoxe pola especie parapátricaTipo de especiación na que a nova especie xorde en hábitats marxinais, habitualmente nos límites de distribución dunha poboación central de maior tamaño. T. dentatus.
Os espécimes das dúas poboacións son morfoloxicamente similares, pero difiren no tamaño do animal.
Taxonomía A especie Tarsius wallacei foi descrita por primeira vez no ano 2010 por Stefan Merker et al. A especie tipo é un exemplar encontrado a uns 9 km ao sur da cidade de Palu, a capital de Sulawesi Central.
O seu nome específico honra o naturalista británico Alfred Russel Wallace.
Características
O tarsio de Wallace é similar en tamaño e aparencia a outros tarsios das terras baixas. Ten unha lonxitude de cabeza e tronco de entre 10 e 15 cm, sendo algo máis grande que o tarsio pigmeo (Tarsius pumilus). Os seus ollos son grandes, e presenta unha máscara facial branca claramente definida e manchas detrás das orellas. A cola é longa, espida e cun gran penacho na porción terminal. A súa pelaxe é de cor parda amarelada, agás na garganta, que é de cor cobre. Aínda que morfoloxicamente é moi similar a outras especies de tarsios que habitan na illa Célebes, ten unha vocalización distintiva, e a análise xenética mostra que as secuencias do ADN mitocondrial e do cromosoma Y son únicas.
Distribución e hábitat Tarsius wallace é unha especie endémica da illa de Célebes. Existen dúas poboaciones separadas pola baía de Palu, a cidade de Palu (capital da provincia de Célebes central) e a parte sur do istmo de Palu. A poboación meridional ocupa unha superficie de aproximadamente 50 km2. Este tarsio é arbóreo e habita en bosques primarios e secundarios e en áreas degradadas.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) cualificou o status desta especie como CC (datos insuficientes) porque ten unha área de dispersión limitada, especialmente a poboación meridional, e a poboación total se descoñece, aínda que se cre que está diminuíndo xa que moitos bosques se desmantelaron para dar paso a cultivos, e non se dispón de suficiente información para avaliar o seu estado de conservación. A poboación setentrional está protexida (teoricamente) na Reserva da Natureza de Gunung Sojol. Porén, a poboación meridional ten unha área de dispersión tan pequena que calquera retroceso da poboación podería ter un alto impacto.Merker, S. (2013): Tarsius wallacei na Lista vermella de especies ameazadas da UICN- Versión 2015-4. Consultada o 24-02-2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004): "Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo. Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-1217-2550-2. Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X. Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5. Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292. Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.
Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes
Ligazóns externas Wallace’s tarsier (Tarsius wallacei) en ARKive . Tarsius wallacei na EOL . Tarsius wallacei Merker et al., 2010 (Wallace's tarsier) en Fossilworks Neue Zwerg-Affenart entdeckt en idw-Informationsdienst Wissenschaft . Neue Zwergaffen-Art entdeckt. Forscher kamen neuer Spezies durch deren Gesang auf die Spur en Scinexx.de .
Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 2010