miniatura|A Terraza, nos Xardíns de Méndez Núñez.
Antonio de Mesa y Álvarez, nado en Madrid o 30 de outubro de 1862 e finado na mesma cidade en 1939, foi un arquitecto español.
Traxectoria miniatura|esquerda|Café Moderno da rúa Real da Coruña. miniatura|Fachada modernista en Avda. Oza 130 (A Coruña) miniatura|Detalle modernista. Deusa da natureza Flora Era fillo do enxeñeiro dos ferrocarrís do Noroeste Pedro Antonio de Mesa Arroquia e de Amelia Álvarez Ruiz.
Estudou na Escola Superior de Arquitectura entre 1880 e 1887. En 1888 presentou un primeiro proxecto de fin de carreira que foi rexeitado, mais o ano seguinte conseguiu o título con “Proyecto de Bolsa”.
Foi arquitecto municipal da Coruña e arquitecto de Facenda e membro da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña. En 1923 volveu a Madrid.
Obra A súa obra móvese entre o eclecticismo e o modernismo.A arquitectura modernista Durante a súa estadía na Coruña realizou o novo edificio da Terraza, a escalinata do Obelisco dos Cantóns e a reforma da fábrica de tabacos (1910).
Foi o autor tamén do lavadoiro público do Parrote (1895-1896), xa desaparecido, e colaborou co enxeñeiro Diego Fernández Herce nas obras da dársena e o varadoiro do Parrote. O seu proxecto para o mercado de Santo Agostiño (1910-1911) non foi construído.
Tamén asinou os proxectos para o edificio de vivendas modernistas situado na Avda. de Oza nº. 130 e para a casa modernista lindeira situada no nº. 152.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Arquitectos de España do século XIX Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Arquitectura modernista en Galicia