O Valle del Guadalhorce, tamén chamado Algarbía, é unha comarca española situada na provincia de Málaga, en Andalucía.
Comprende os municipios de Alhaurín de la Torre, Alhaurín el Grande, Almogía, Álora, Cártama, Coín, Pizarra e Valle de Abdalajís.
Sitúase nunha rexión natural formada polo río Guadalhorce. O val caracterízase pola súa fertilidade e o cultivo de hortalizas, froitas e cítricos, sendo tamén coñecido como a horta de Málaga. Actualmente a expansión urbanística da área metropolitana de Málaga céntrase nesta zona, debido á súa proximidade e ás boas comunicacións coa capital provincial.
Véxase tamén Ligazóns externas Lista comarcal definida pola Consellería de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía. BOJA num. 59, de 27 de marzo de 2003.
Categoría:Comarcas da provincia de Málaga