San Martiño de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 709 habitantes (351 homes e 358 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.

Xeografía A parroquia limita con Salvaterra de Miño e está a dous quilómetros de Ponteareas e a catorce quilómetros de Portugal, ten un enlace coa autovía A-52 Ourense-Vigo.

Está bañada polo río Tea e conta cunha zona recreativa.

Ten algunhas industrias: cristalería, fábrica de mobles rústicos e outra de mobles de cociña, taller mecánico, serradoiro de pedra e fábrica de madeira.

Festas Celébranse dúas festas importantes no ano: a finais de agosto a Virxe da Consolación e a mediados de novembro a do patrón, San Martiño.

Patrimonio Cruceiro de Moreira: situado no torreiro, próximo á Igrexa, no barrio de Vilanova, Ten catro escalinatas de pedra e unha base cadrada coa inscrición: " EN 1875 AL RDO ABAD D.M. M Rº". O fuste é cilíndrico e vai rematado nun colar con decoración de sogueado que dá paso ao chapitel de estilo clásico con adobíos de follas de acanto e volutas nas esquinas, caras de anxos no centro e rematado en ábaco curvilíneo. A cruz é latina, de sección cilíndrica e con nós imitando as pólas dunha árbore e con cartela de INRI. No anverso aparece un cristo cunha anatomía moi marcada. No reverso a virxe co fillo no colo. Ponte das Partidas, ponte medieval sobre o río Tea. Igrexa de San Martiño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Moreira

Parroquias de Ponteareas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas Ligazóns externas O bautizo prenatal na ponte de Moreira (Ponteareas)

Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño