A dos coleoideos (Coleoidea) é unha subclase de invertebrados protóstomos bilaterais, mariños, do filo dos moluscos e clase dos cefalópodos.Coleoidea no WoRMS.

Coñécense desde o carbonífero, foron moi abundantes no mesozoico, sobre todo no cretáceo, e hoxe en día a subclase agrupa a todos os cefalópodos vivos a excepción dos nautiloideos. Inclúe animais tan coñecidos como as luras, as sepias e os polbos.Coleoidea Bather, 1888 en Tree of Life .

Características A diferenza dos nautiloideos, que posúen unha cuncha externa, os coleoideos teñen como moito unha cuncha interna que actúa como flotador e/ou soporte do corpo; algunhas especies carecen por completo de cuncha, e noutras está substituída por unha estrutura cartilaxinosa.

Taxonomía Descrición A subclase foi descrita en 1888 polo xeólogo, paleontólogo e malacólogo británico Francis Arthur Bather.

Etimoloxía O nome científico Coleoidea está formado pola forma do latín científico cole-, tirada da voz do grego antigo κολεός ‎koleós, 'estoxo', 'vaíña', co adición da desinencia -oidea, derivada do grego εἴδος eídos, 'aparencia', 'aspecto'. Literalmente, 'os que teñen forma de estoxo'.Coleoidea en wordnik.com

Clasificación

Segundo o ITIS:Coleoidea Bather, 1888 no ITIS.

Subclase Coleoidea Bather, 1888 Superorde Decabrachia Boettger, 1952 Orde Sepiida Zittel, 1895 Orde Sepiolida Fioroni, 1981 Orde Spirulida Stolley, 1919 Orde Teuthida Naef, 1916 Superorde Octobrachia Fioroni, 1981 Octobrachia Fioroni, 1981 no ITIS. Orde Octopoda Leach, 1818 Orde Vampyromorphida Pickford, 1939

Porén, os taxa Decabrachia e Octobrachia non son considerados válidos polo World Register of Marine Species, que os substitúe polos de Decapodiformes e Octopodiformes.

Así, no WoRMS temos:

Subclase Coleoidea Bather, 1888 Superorde Decapodiformes Young, Vecchione & Donovan, 1998 Decapodiformes no WoRMS. Orde Myopsida ? Orde Oegopsida d'Orbigny, 1845 Orde Sepiida Zittel, 1895 Orde Spirulida Stolley, 1919 Orde Teuthida Naef, 1916 nomen dubium, inclúe [Myopsida + Oegopsida], que non está demostrado que formen un clado. Superorde Octopodiformes Berthold & Engeser, 1987 Octopodiformes no WoRMS. Orde Octopoda Leach, 1818 Orde Vampyromorpha Robson, 1929

Outros autores, que inclúen tamén as ordes extintas, fan esta outra clasificación:

Subclase Coleoidea Cohorte Belemnoidea † Orde Aulacocerida † Orde Belemnitida † Orde Hematitida † Orde Phragmoteuthida † Cohorte Neocoleoidea (a maioría dos cefalópodos vivos) Superorde DecapodiformesOrde Boletzkyida † Orde Sepiida - sepias Orde SepiolidaOrde SpirulidaOrde Teuthida - luras Superorde OctopodiformesOrde Octopoda - polbos Orde Vampyromorphida''

Evolución Os primeiros rexistros fósiles dos coleoideos datan do do mississipiense (carbonífero), hai máis de 330 millóns de anos. Describíronse algúns fósiles máis antigos, do Devoniano,Bandel, Klaus; Reitner, J. & Sturmer, W. (1983): "Coleoids from the Lower Devonian Black Slate ("Hunsruck-Schiefer")". Neues Jahrbuch für Geologie und Paläontologie, Abhandlungen (Stuttgart) 165 (3): 397–417. pero algúns deles son dubidosos, e os paleontólogos non están de acordo sobre se son coleoideos. Os grandes grupos de coleoideos baséanse na estrutura e o número de tentáculos. Os primitivos belemnoideos tiñan presumibelmente dez brazos iguais. As formas actuais modificaron ou perderon un par de tentáculos; así, os decapodiformes posúen un par de brazos modificados en longos tentáculos que teñen ventosas só na súa extremidade; os octopodiformes reduciron ou perderon por completo un par de tentáculos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Coleoidea Bather, 1888 en Fossilworks Paleobiology Database

Categoría:Cefalópodos