DIIV é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Brooklyn e formada no ano 2011. O grupo está composto por Zachary Cole Smith (voces, guitarra), Andrew Bailey (guitarra), Devin Ruben Perez (baixo), Colin Caulfield (teclados, guitarra) e Ben Newman (batería).
Inicialmente chamada Dive, a banda comezou como un proxecto en solitario de Smith. Tras publicar tres sinxelos, "Sometime", "Human" e "Geist", a través do selo Captured Tracks, DIIV editou o seu álbum de estrea, Oshin, o 26 de xuño de 2012.
En febreiro de 2016 o grupo lanzou o seu segundo disco, Is the Is Are, despois dun logo e problemático período de xestación. O 4 de outubro de 2019 o terceiro álbum de DIIV, Deceiver, foi publicado porn Captured Tracks.
Discografía Álbum Ano Selo Oshin 2012 Captured Tracks Is the Is Are 2016 Captured Tracks Deceiver 2019 Captured Tracks Frog in Boiling Water 2024 Fantasy Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Brooklyn Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais formados en 2011