A monoamino oxidase B, tamén coñecida como MAOB (símbolo oficial actualHGNC MAOB ) e MAO-B (símbolo moi usado ata hai pouco), é un encima que nos humanos é codificado polo xene MAOB situado no cromosoma X.
A proteína codificada por este xene pertence á familia das monoamino oxidases, á que tamén pertence a MAOA. É un encima localizado na membrana mitocondrial externa. Cataliza a desaminación oxidativa de aminas bioxénicas e xenobióticas e xoga un papel no catabolismo de aminas neuroactivas e vasoactivas no sistema nervioso central e tecidos periféricos. Esta proteína degrada diferencialmente a bencilamina e a feniletilamina. Igual que a MAOA, degrada tamén a dopamina.
Estrutura A monoamino oxidase B ten unha cavidade hidrofóbica bipartita que (na conformación "aberta") ocupa un volume combinado de case 700 Å3. A monoamino oxidase A humana (hMAOA) ten unha soa cavidade de forma arredondada e é máis grande en volume que a "cavidade substrato" da hMAOB.
A primeira cavidade da hMAOB denominouse cavidade de entrada (290 Å3) e a segunda cavidade do substrato ou cavidade do sitio activo (~390 Å3); entre ambas a cadea lateral da isoleucina199 serve como cancela. Dependendo do substrato ou do inhibidor unido, pode encontrarse en forma aberta ou pechada, o cal é importante para definir a especificidade do inhibidor da hMAOB. Ao final da cavidade para o substrato está o coencima FAD cos sitios para a unión favorable de aminas sobre a flavina, nos que están implicados dous residuos case paralelos tirosil (398 e 435), que forman o que se denominou gaiola aromática.
Diferenzas entre a MAOA e a MAOB A MAOA está implicada no metabolismo da tiramina; a inhibición da MAOA, especialmente a inhibición irreversible, pode ter como resultado un efecto presor perigoso cando se consomen alimentos nos que abunda a tiramina, como os queixos. A MAOA está implicado no metabolismo da serotonina, noradrenalina e dopamina mentres que a MAOB metaboliza o neurotransmisor dopamina. A MAOB é un encima da membrana mitocondrial externa que cataliza a oxidación de neurotransmisores arilalquilaminas.
A monoamino oxidase A (MAOA) xeralmente metaboliza a tiramina, norepinefrina (NE), serotonina (5-HT), e dopamina (DA) (e outros compostos menos relevantes clinicamente). Porén, a monoamino oxidase B (MAOB) metaboliza principalmente a dopamina (e outros compostos menos importantes clinicamente). As diferenzas entre a selectividade de substrato de ambos os encimas aprovéitanse clinicamente ao tratar trastornos específicos: os inhibidores da MAOA utilizáronse normalmente no tratamento da depresión, e os inhibidores da MAOB no tratamento da enfermidade de Parkinson. os inhibidores non específicos (é dicir, combinados de MAOA/B) poden xerar problemas cando se toman á vez que alimentos que conteñen tiramina como o queixo, porque a inhibición por fármacos da MAOA causa unha elevación perigosa dos niveis de tiramina séricos, o que pode orixinar síntomas hipertensivos. Os inhibidores selectivos da MAOB evitan este problema ao inhibiren preferencialmente a MAOB, a cal metaboliza principalmente a dopamina. Se a MAOB é inhibida, entón hai máis dopamina dispoñible para o correcto funcionamento neuronal, especialmente na enfermidade de Parkinson.
Papel en enfermidades e no envellecemento miniatura|dereita|MAOB. De As enfermidades de Alzheimer e Parkinson están ambas asociadas con niveis elevados de MAOB no cerebro. A actividade normal da MAOB xera especies reactivas do oxíxeno, que danan directamente as células. Os niveis de MAOB increméntanse coa idade, o que suxire que ten un papel no declive cognitivo natural relacionado coa idade e a probabilidae dun incremento do desenvolvemento en idades avanzadas de doenzas neurolóxicas. Os polimorfismos máis activos do xene MAOB foron ligados á emocionalidade negativa, e sospéitase que son un factor subxacente na depresión. A actividade da MAOB xoga un papel nos danos cardíacos inducidos polo estrés.
Modelos animais Os ratos transxénicos que non poden producir MAOB son resistentes nun modelo de ratos da enfermidade de Parkinson. Tamén mostraron un incremento da sensibilidade ao estrés (igual que ocorre cos ratos knockout para a MAOA) e un incremento da β-PEA. Ademais, mostran un comportamento de desinhibición e de ansiedade reducida.
A inhibición da MAOB en ratos prevén moitos cambios biolóxicos relacionados coa idade, como a dexeneración do nervio óptico, e a ampliación da duración media da vida ata dun 39%.
Efectos da deficiencia en humanos Aínda que as persoas que carecen do xene da MAOA mostran retardo mental e anormalidades de comportamento, as persoas que carecen do xene da MAOB non mostran anormalidadeds agás niveis elevados de fenetilamina en urina, o que formula a cuestión de se a MAOB é realmente un encima necesario. Novas investigacións indican a importancia da fenetilamina e outras aminas traza, que se sabe agora que regulan a neurotransmisión por catecolaminas e serotonina a través do mesmo receptor das anfetaminas, o TAAR1.
Propúxose o uso profiláctico de inhibidores da MAOB para facer máis lento o envellecemento natural humano en individuos sans, pero é un asunto controvertido.
Inhibidores selectivos 210px|miniatura|middle|Geiparvarina. 170px|miniatura|right|(+)-Catequina. 470px|miniatura|right|Fórmula estrutural de inhibidores de alta afinidade da MAO selectivos para o tipo B. As diverxencias dependentes de especie poden dificultar a extrapolación das potencias dos inhibidores. Estes poden clasificarse en:
Reversibles
Naturais
Geiparvarina Desmetoxiyangonina, un constituínte do etracto de kava; afinidade modesta Catequina e epicatequina Allo
Sintéticos Safinamida e análogos 5H-Indeno[1,2-c]piridazin-5-onascompound #2d, Chalconas substituídas 2-(N-Metil-N-bencilaminometil)-1H-pirrolcompound #21, 1-(4-Ariltiazol-2-il)-2-(3-metilciclohexilideno)hidrazinacompound # (R)-8b, 2-Tiazolilhidrazonacompound #18, 3,5-Diaril pirazolcompound #3g, Derivados da pirazolinacompound #(S)-1, Varios derivados da coumarinacompound #41, e #C19* Fenilcoumarinas, un subtipo extremadamente selectivocompound #2, e outros análogos Cromona-3-fenilcarboxamidascompound #9, #12, Isatinascompound #9i, Ftalimidascompound #5c, 8-Benziloxicafeínas e análogos de CSC (E,E)-8-(4-fenilbutadien-1-il)cafeínas, con compoñente antagonista de A2A Indazol e indole-5-carboxamidas
Irreversibles (covalentes) Selegiline (Eldepryl, Zelapar, Emsam) Rasagiline (Azilect)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Oxidorredutases