Tubeway Army foi unha banda de punk rock e new wave inglesa baseada en Londres liderada polo vocalista Gary Numan. Foi o primeiro grupo da era post-punk en ter un número 1 baseado nos sintetizadores, co seu sinxelo "Are 'Friends' Electric?", e o seu disco Replicas entraría na lista británica de álbums a mediados de 1979. Tras o seu lanzamento, Numan optou por abandonar o nome de Tubeway Army e publicar música co seu propio nome como compositor, produtor e única figura pública do grupo, aínda que mantivo aos músicos de Tubeway Army como banda de acompañamento.

Discografía Tubeway Army - 1978 (Beggars Banquet Records) Replicas - 1979 (Beggars Banquet Records, Atco Records)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Gary Numan

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais formados en 1976