O Monumento a Colón (en ) é un conxunto escultórico que se atopa na Praza do Portal da Paz de Barcelona, no distrito de Ciutat Vella. Construído en homenaxe ó descubridor Cristovo Colón, está erixido no punto de unión entre las Ramblas e o Paseo de Colón, fronte ó porto vello de Barcelona. O autor do proxecto foi o arquitecto Gaietà Buïgas i Monravà, e na decoración escultórica interviñeron varios artistas, como Eduard B. Alentorn, Rafael Atché, Pere Carbonell, Manuel Fuxà, Josep Llimona, Rossend Nobas, Antoni Vilanova, Francesc Pagès e Agapit Vallmitjana. A fundición foi de Alejandro Wohlguemuth.
O monumento foi construído no contexto das obras de mellora do litoral de Barcelona efectuadas por mor da Exposición Universal de Barcelona de 1888. Inaugurado o 1 de xuño de 1888, en plena exposición, converteuse axiña nunha das iconas máis características da cidade. No interior da columna hai un ascensor que permite subir até a semiesfera baixo os pés da estatua, dende onde se olla a cidade.
Esta obra está inscrita como Ben Cultural de Interese Local (BCIL) no Inventario do Patrimonio Cultural catalán co código 08019/859.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos La Rambla Exposición Universal de Barcelona de 1888 Arte pública de Barcelona
Ligazóns externas web do concello de Barcelona Copia dixital do concurso para facer o monumento a Colón. [PDF]
Categoría:Arquitectura en Barcelona