A contrafío (en ) é unha novela do escritor francés Joris-Karl Huysmans publicada por vez primeira en 1884. O editor e poeta inglés Arthur Symons cualificouna como "o breviario da decadencia"No orixinal inglés, "the breviary of the decadence". Delineating Decadence: The Influence of J.-K. Huysmans on Arthur Symons , por Cevasco, G. A. para a revista de estudos académicos Nineteenth-Century Prose, o 22 de marzo de 1996. , mentres que os galos Guy de Maupassant e Paul Alexis a describiron, respectivamente, como "a historia dunha neurose"Huysmans and the Decadent Aesthetic of Madness: Boredom, Loneliness, and Psychoneurosis, en Oscar Wilde and the French Decadents . e "o estudo naturalista dun caso de neurose". Tamén é habitual cualificar a obra como un manifesto estéticoDes Esseintes & le parfum , artigo en chyprerouge.com o 17 de febreiro de 2012 .Ficha da obra na páxina da Bibliothèque Numérique Nondiale ..

Foi traducida ao galego por Isabel Soto e publicada en 2016 por Editorial Hugin e Munin.

Trama miniatura|Huysmans, autor de A contrafío. A narración céntrase no seu personaxe protagonista, Jean des Esseintes, e ofrece un extenso catálogo dos seus gustos e forma de vida. Trátase dun home excéntrico, cualidade de esteta e antiheroe; odia a burguesía e o utilitarismo do século XIX, polo que trata de retirarse nun mundo artístico creado por el mesmo.

A contrafío aborda diversos temas simbolistas. Representa a ruptura co naturalismo e a miúdo é considerada a Biblia do decadentismo<ref>Charles Marie Georges, dit Joris-Karl Huysmans, como extracto do artigo "Dictionnaire mondial des littératures, recollido pola edición dixital da Enciclopedia Larousse. </ref>.

Na novela de Oscar Wilde O retrato de Dorian Gray, este é o libro que Lord Henry Wotton lle entrega a Dorian Gray e que o acaba por levar á súa completa corrupciónLinking The Picture of Dorian Gray and Huysmans’ A rebours (Exercise #3), en Oscar Wilde and the French Decadents o 23 de outubro de 2012. .

Influencia sobre a literatura galega Se ben o movemento decadentista tivo escasa implantación en Galicia, o certo é que A contrafío si xoga un papel relevante en canto á constitución da literatura galega'"Huysmans e a literatura galega" en Algunhas claves para ler A contrafío, unha novela de Joris-Karl Huysmans, pp. 71-77., como obra de referencia para diversos autores da Xeración Nós (de maneira notable, para Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco) así como para outros xa da segunda metade do século XX, como Lois Pereiro.

Risco sinala de maneira explícita no seu ensaio Nós, os inadaptados (1933) a súa admiración por Huysmans, a súa obra A contrafío e, en concreto, por Jean des Esseintes en tanto que arquetipo do dandi:

Nese sentido, o crítico Manuel Rodríguez Alonso sostivo que a estética de Huysmans está presente en O porco de pé de Risco.Co gallo da sexta edición de O porco de pé , entrada no blog Bouvard e Pécuchet o 12 de febreiro de 2014.

Por outra banda, Pedrayo, en Arredor de si (1930), cita expresamente a Huysmans en dúas ocasións. Unha desas veces traza un paralelismo entre Adrián Solovio e as experiencias que Des Esseintes vive no capítulo XI da novela gala. Di así:

Aludindo a Solovio e a Des Esseintes, Ramón Lugrís escribía (orixinalmente en lingua castelá) en 1967:

Anos máis tarde, o escritor Lois Pereiro incluíu a Huysmans ("sen dúbida Huysmans") no artigo sobre grandes escritores do Decadentismo que escribiu para A Naval.«Dandys, eterómanos e infames. O vicio como luxo» (1986), A Naval, nº 5.

Manuel Outeiriño tamén viu a vinculación entre a obra de Huysmans e Pereiro.Esteticismo e terribilità na obra poética de Lois Pereiro no Boletín 372 da Real Academia Galega, p. 132-133..

Notas

Véxase tamén Bibliografía J.-K.Huysmans, À rebours. Gallimard, Folio classique. París, 1977. ISBN 978-2-07-036898-3 Françoise Court-Perez, Joris-Karl Huysmans, À rebours, PUF, 1987. Nathalie Limat-Letellier, Le Désir d'emprise dans À rebours de J.-K. Huysmans, Minard, 1990. Pierre Jourde, Huysmans - À rebours : l'identité impossible, Champion, 1991. François Livi, J.-K. Huysmans, À rebours et l'esprit décadent, Nizet, 1991. Daniel Grojnowski, À rebours de J.-K. Huysmans, Gallimard, 1996. Jérôme Solal, Huysmans et l'homme de la fin'', Minard, 2008.

Categoría:Obras literarias de 1884 Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego