Darío García Taboada, nado en Santiago de Compostela en 1830 e finado na Coruña o 4 de setembro de 1903,El Noroeste, 5-9-1903, p. 2. foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria Mestre da Escola Pública da Costa de Santo Agostiño e profesor de caligrafía do Instituto da Coruña. Dirixiu o periódico profesional El Despertador (1867), foi redactor de Pero Grullo e o primeiro director de El Telegrama.
Vida persoal Casou coa coruñesa Adelaida Ramírez López, coa que tivo a Josefa, Adelaida, Claudina e Antonio García Ramírez.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en 1830 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos