As Boedromias (en grego antigo Βοηδρόμια) son unhas festas celebradas en Atenas o 7 de boedromion en honra de Apolo Boédromo, Este nome, co que este deus era chamado en Beocia e outros lugares de Grecia, parece indicar que mediante esta festa o honraban como deus marcial, que mediante a súa presenza real ou a través de oráculos prestaba axuda fronte aos perigos da guerra.Pausanias ix.17.1; Calímaco, Himno a Apolo 69.
Con todo, a orixe da festa é atribuído por diferentes autores a varios sucesos da historia grega. PlutarcoPlutarco, Teseo 27. di que Teseo, na súa guerra contra as amazonas, non batallou ata que ofreceu un sacrificio a Fobos e que, en conmemoración da exitosa batalla que tivo lugar no mes de boedromion, os atenienses seguiron celebrando as Boedromias até a súa época. Segundo a Suda, as Etimoloxías e EurípidesEurípides, Ion 59. a festa debía o seu nome e orixe á circunstancia de que durante o reinado de Erecteo os atenienses foron atacados por Eumolpo, Xuto ou (segundo Filócoro en Harpocración, s. v.) o seu fillo Ion acudiron na Suídas axuda e propiciaron a súa vitoria.
Sobre os detalles desta festa só se sabe que se ofrecían sacrificios a Artemisa.Citado en
Véxase tamén Festas da Atenas antiga.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Smith, W.; Wayte, W.; Marindin, G. E., eds. (1890–91). «Boedromia». Dictionary of Greek and Roman Antiquities. (3.ª ed. rev.). Londres: John Murray. OCLC 568755510. .
Categoría:Festas da Grecia antiga Categoría:Relixión da Grecia antiga