Giancarlo Ibargüen Segovia, nado en Cidade de Guatemala o 15 de outubro de 1963 e finado o 9 de marzo de 2016, foi un educador e empresario guatemalteco. Traxectoria Foi reitor da Universidade Francisco Marroquín entre 2003 e 2013, Secretario Xeral entre 1995 e 2003 e membro do Comité de Fiduciarios desde 1992.Hispanic American Center for Economic Research biographyCambio en la rectoría Universidad Francisco Marroquín Foi fundador e presidente de The Antiga Forum.The Antigua Forum-About
Entre 2011 e 2013 Giancarlo Ibargüen foi Secretario Xeral da Xunta Directiva da Sociedade Mont Pelerin.Un liberal en acción. De 2008 a 2012 foi membro da Xunta Directiva da Philadelphia Society.Giancarlo Ibargüen electo Secretario General de la Sociedad Mont Pelerin Foi membro do consello de Liberty Fund en Indianápolis desde 2007. De 2005 a 2006 foi vicepresidente da Association of Private Enterprise Education e o seu presidente entre 2006 e 2007. En 1991, foi un dos fundadores da Asociación polo Poder Local (APOLO). Foi presidente e membro do consello directivo do Centro de Estudos Económicos Sociais (CEES) desde 1990.
ContribuíuContribucións á liberalización das telecomunicacións e á libre negociación de divisas en Guatemala. Recoñeceu oportunidades para as reformas no seu país e creou marcos para a competencia real; en 1995 elaborou a Lei Xeral de Telecomunicacións de Guatemala o documento base que conformaría o Título IV, Espectro radioeléctrico, da Lei Xeral de Telecomunicacións. Revolucionou a educación, promoveu a aprendizaxe colaborativa e a orde espontánea nas aulas e fóra delas. Premios e recoñecementos En novembro de 2009, o Acton Institute concedeulle o Guardian of Freedom Award para recoñecer o seu compromiso sobresaliente coa liberdade, en novembro de 2009.Acton entregó premio a rector Ibárgüen En xaneiro de 2011, recibiu o premio Juan de Mariana de parte do Instituto Juan de Mariana.Rector Ibárgüen recibirá Premio Juan de Mariana En abril de 2013, recibiu un doutoramento honoris causa do Hillsdale College en abril de 2013.Rector Ibárgüen recibió doctorado de Hillsdale En agosto de 2013, o Banco Industrial fíxolle un recoñecemento no marco do seu programa cívico.Giancarlo Ibárgüen S. recibió homenaje del Banco Industrial En outubro de 2014 recibiu o premio Manuel F. Ayau no marco da Conferencia Latinoamericana de Estudantes pola Liberdade, por a súa vida dedicada incansablemente á causa da liberdade. Giancarlo Ibárgüen, unha vida pola liberdade En febreiro de 2016, Giancarlo Ibargüen recibiu o premio que leva o seu nome, de parte do Hispanic Center for Economic Research, en recoñecemento daquelas persoas que loitan pola liberdade ao longo dunha vida exemplar.
Notas
Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Guatemala Categoría:Nados en Cidade de Guatemala