San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), 104 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Xeografía Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu. A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río Tomeza.

Historia No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e romarías

A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar nove voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado en sentido contrario ás agullas do reloxio. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de San Pedro.

A parroquia é terra de canteiros. O mestre Daniel, célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra .

O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un dos homenaxeados foi Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Tomeza

Parroquias de Pontevedra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra

Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro