Lucio Licinio Lúculo (en latín, Lucius Licinius Lucullus);Epigraficamente, Lucius Licinius L f L n Lucullus nado polo e finado polo , foi un destacado político e militar romano do século I a. C. Combateu ás ordes de Sila na Guerra Social e a Primeira Guerra Mitridática, e apoiouno na Primeira Guerra Civil.
Foi cónsul no ano 74 a. C. e venceu a Mitrídates VI do Ponto na Terceira Guerra Mitridática, en Asia Menor, na que conquistou os reinos orientais. A súa destreza no mando destacou nesa campaña durante o asedio de Cícico no 73-72 a. C. e na batalla de Tigranocerta no 69 a. C. e o seu estilo de mando recibiu unha grande atención polos expertos militares da antigüidade que estudaron profusamente as súas campañasDión Casio, Historia romana, XXXVI e, na correspondencia capturada a Mitrídates VI Eupátor, Lúculo é cualificado como o xeneral máis destacado dende Alexandre Magno.Cicerón, Academica Prior, Libro II
Traxectoria
Ascendencia e primeiros anos Lúculo foi un membro da destacada gens Licinia e da familia, ou estirpe, dos Luculli, que puido ser descendente da antiga nobreza de Tusculum. Era neto doutro Lucio Licinio Lúculo, quen fora cónsul no 151 a. C. e gobernador da Hispania Citerior; e fillo de Lucio Licinio Lúculo, pretor no 104 a. C., e que participara, aínda que sen moito éxito, na Segunda Guerra Servil na que foi acusado de malversación mentres ostentaba o mando na campaña siciliana e, posteriormente, no 102 a. C. condenado ao exilio.
A familia de súa nai, Cecilia Metela Calva, pertencía a unha das familias máis relevantes da nobilitas plebea que estaba no cume do seu poder e influencia a finais co século II a. C., cando naceu Lúculo. Cecilia, era a filla máis nova de Lucio Cecilio Metelo Calvo (cónsul no 142 a. C. e censor entre o 115–114 a. C.), e medio irmá de dous dos membros máis importantes dos Optimates da súa época, Quinto Cecilio Metelo Numídico (cónsul no 109 a. C. e censor 102 a. C.). e Lucio Cecilio Metelo Dalmático (cónsul no 119 a. C. e Pontifex Maximus), que foi o pai da terceira esposa de Sila, Cecilia Metela. Daquela, Lúculo, por tanto, foi curmán de Quinto Cecilio Metelo, tamén alcumado «Pío» ou «Piadoso», e politicamente, de Lucio Cornelio Sila.Plutarco
Non se dispón de ningunha constancia acerca da súa data de nacemento, pero segundo Plutarco, era maior que Cneo PompeioPlutarco, o que sitúa o seu nacemento antes de 106 a. C. Estímase que naceu arredor do ano polo feito de que o seu irmán máis novo, Marco Terencio Varrón Lúculo foi edil plebeo no , para o que se requiría unha idade de trinta e seis anos, e posto que ambos eran irmáns non se podían levar moito tempo, tal como o demostra o feito de que as súas carreiras políticas fosen case simultáneas.William Smith (1870), p. 831
A comezos da década de 90 a. C. acusou xunto ao seu irmán ao fiscal Caio Servilio Vatia de cometer roubos. Este era quen, anos atrás, desterrara ao seu pai a Lucania. No xuízo, con todo, desatáronse actos de violencia, nos que houbo moitas mortes e Servilio terminou fuxindo da cidade. A pesar diso, a xente considerou un acto heroico que os dous mozos irmáns perseguisen ao malfeitor, gañando ambos unha gran popularidade.Cicerón
Ás ordes de Sila Conflitos en Italia O seu primeiro servizo militar coñecido foi como tribuno militar que serviu no exército de Sila en Campania durante o Bellum Italicum, a Guerra Social (91 a. C.–87 a. C.),Gruen (1974), p. 52 na que os aliados itálicos, tras tentar sen éxito conseguir a cidadanía romana, rebeláronse contra Roma; segundo afirman as fontes antigas, Lúculo, distinguiuse pola súa ousadía e intelixenciaPlutarco, Lucullus, 2.1 e, mesmo, chegou a escribir unha historia da guerra en grego. De tódolos xeitos, é probable que este non fose o seu bautismo de sangue, posto que para ocupar o cargo requiríase participar en cinco campañas, pero é a primeira acción militar súa da que hai constancia.Keaveney (2009), p. 21 Para esa época, moitos dos deberes que tempo atrás eran propios dos tribunos militares, como a comandancia dunha lexión, pasaran a mans dos legatus e xeralmente os que ocupaban o posto non terminaban destacándose nin aumentando a súa fama militar. Lúculo, no entanto, probaría ser unha das excepcións á regra.Keaveney (2009), pp. 21-22 Sábese que Lúculo ocupou o posto no ; non obstante, posto que podía servir como tribuno militar durante máis dun ano, cabe a posibilidade de que o ocupase tamén no 90 a. C. Primeiro combateu ás ordes do cónsul Lucio Porcio Catón, e cando este morreu en combate, pasou a servir baixo as ordes de Lucio Cornelio Sila, quen estaba a adquirir unha brillante reputación polas súas campañas.Keaveney (2009), páx. 22
Lúculo foi elixido cuestor no inverno do 89-88 a. C. durante as mesmas eleccións nas que Sila foi elixido cónsul con Quinto Pompeio Rufo, como collega e cuxo fillo estaba casado coa filla máis vella de Sila, Cornelia. Lúculo era, probablemente, o cuestor mencionado como o único oficial do exército de Sila que podía soportar acompañar ao cónsul cando marchou sobre Roma. No outono do mesmo ano, Sila enviou a Lúculo a Grecia para avaliar a situación mentres el mesmo supervisaba o embarque do seu exército. Lúculo chegou a Grecia e tomou o relevo de Quinto Brucio Sura, quen fora capaz de deter a invasión mitridática no norte de Grecia.Fratantuono, 2017, pp 20-21Tellford 2014, pp. 117-118Matyszak 2016, p. 55
Cando Sila chegou co exército principal, Lúculo volveu servir como cuestor; acuñou diñeiro que se utilizou durante a guerra contra Mitrídates no sur de Grecia (87-86 a.C.). O diñeiro que Lúculo acuñaba, segundo o costume romano, levaba o seu nome: o chamado Lucullea.Frantantuono 2017, p. 20Plutarco, Vida de Lúculo, II. 1-2.
Comandante da frota contra Mitrídates Durante a Primeira Guerra Mitridática, como procuestor, no inverno de 87 a 86 a. C., Sila encargoulle organizar unha frota a partir dun escuadrón de 6 naves, con obxecto de contrarrestar o dominio marítimo da armada do Ponto. Lúculo visitou varias illas e cidades do Mediterráneo oriental, aliadas dos romanos, e conseguiu reunir unha frota considerable que dirixiu con mestría. Auxiliou a Sila no asedio de Atenas, conseguindo expulsar as forzas do rei do Ponto das illas de Quíos e de Colofón (86 a 85 a. C), e no verán de 85 a.C. rexeitou axudar ao caudillo popular Caio Flavio Fimbria, que atrapara a Mitrídates en Mitilene, o que permitiu escapar ao rei do Ponto. Pouco despois derrotou á frota póntica dirixida por Neoptólemo na Batalla de Tenedos (86 a. C.), o cal permitiu que Sila cruzase a Asia Menor.Plutarco, Lúculo, 2; Sila, 11. Apiano, Bellum Mitrhidaticum 33,51, 52 e 56. Orosio, Historiarum adversus paganos VI, 2
Procuestor de Murena Tras a firma da paz con Mitrídates, entre os anos 85 e 80 a. C. Lúculo permaneceu en Asia, sempre como procuestor, recadando diñeiro para financiar a guerra de Sila contra os populares, tarefa que realizou con éxito e sen extorsións onerosas, demostrando grandes dotes como administrador. Ao mesmo tempo, reprimiu con prontitude e vigor a revolta de Mitilene.Plutarco, Lucullus, 4; Cicerón, Academica priora II, 1.
Ascenso político A finais de 80 a. C. partiu para Roma, sendo nomeado edil en 79 a. C., xunto co seu irmán Marco Terencio Varrón Lúculo. Segundo Plutarco, negouse a desempeñar tal maxistratura por afecto cara ao seu irmán, esperando ata que tivese a idade necesaria para poder facelo xuntos. Ambos financiaron uns xogos esplendorosos, notables por introducir por primeira vez o combate de elefantes contra touros.Plutarco, Lucullus, 1; Cicerón, Academica priora II, 1; Plinio, Naturalis Historia VIII, 7.
O moribundo Sila dispensoulle o máximo afecto, dedicándolle as súas Memorias e encargándolle a revisión e o comentario das mesmas, así como a titoría do seu propio fillo, Fausto Cornelio Sila, excluíndo a Pompeio, feito que segundo Plutarco fraguou a inimizade entrambos.Plutarco, Lucullus 1. 4. Unha lei especial de Sila permitiulle ser Pretor xusto tras a edilidade, no 78 a. C., e propretor do 77 ao 76 a. C. en África, onde novamente deu proba dos seus dotes como administrador. Foi finalmente elixido cónsul en 74 a. C. xunto con Marco Aurelio Cota, opóndose aos intentos do tribuno da plebe Lucio Quinctio de derrogar as leis silanas.Plutarco, Luculus, 5; Cicerón, Academica priora II, 1; Aurelio Víctor, De viris illustribus, 74.
A Terceira Guerra Mitridática Ao final do seu período consular obtivo a provincia da Galia Cisalpina e o seu colega Cota a de Bitinia (recentemente legada a Roma polo seu último rei, Nicomedes IV) ), pero naquel momento morreu Lucio Octavio, o procónsul de Cilicia e Lúculo conseguiu ser nomeado procónsul desta provincia en lugar da Galia, e co encargo de dirixir, sse fose preciso, a guerra por terra contra Mitrídates VI de Ponto, a cal se vía vir, mentres Cota tería o mando da frota.Plutarco Luculus 5, 6; Cicerón pro Murena 15; Eutropio Brevario libro VI, 6
A campaña do 73 a. C. Ao final do ano 74 a. C. xa estaban os dous cónsules en Asia. Lúculo traía unha lexión desde Italia e atopou catro máis en Asia que eran as antigas forzas que serviran baixo o mando de Fimbria; restaurou a disciplina destas tropas e ao final puido reunir trinta mil infantes e 2.500 xinetes.Plutarco, Lucullus 7, 8; Apiano, Bellum Mitrhidaticum, 72 Xusto a tempo, posto que pronto recibiu noticías de que Mitridates invadira Bitínia (73 a. C.) con 150.000 homes, derrotara a Cota por terra e mar e bloqueouno en Calcedonia. Lúculo dirixiuse a Galacia pero cando pasou a Frixia viuse detido en Otryae por un destacamento de Mitridates dirixido polo romano exiliado chamado Varius. A aparición dun meteoro impediu o enfrontamento.
Mentres Mitrídates abandonaba o asedio de Calcedonia e dirixiuse contra Cízico, Lúculo, gran estratego e un táctico de extraordinario talento, dirixiuse a esta zona, pero sen présas, esperando as dificultades loxísticas do rei para manter un exército tan grande. Estableceu o campamento a certa distancia, desde onde podía vixiar, interceptar as comunicacións e impedir as subministracións. Cando o inverno impediu a Mitrídates recibir subministracións por mar, a fame afectou aos seus homes e tivo que levantar o asedio; un destacamento de quince mil homes de vangarda foi atacado por Lúculo e aniquilado en Rhyndacus; cando o groso das forzas do rei empezaron a retirada, Lúculo·atacou a súa retagarda no paso do Aesepus e no Gránico, causando numerosos baixas ao inimigo. Aqueles que escaparon refuxiáronse en Lampsaco, baixo o mando de Varius.Plutarco, Lucullus 8-11; Apiano, Bellum Mitrhidaticum 71-76; Tito Livio, Epitome XCV; Floro, Epítome de la historia de Tito Livio libro III. 6; Eutropio, Brevario libro VI. 6; Orosio, Historiarum adversus paganos, libro VI. 2; Cicerón, Pro Lege Manilia 8, pro Murena 15; Orelli, Inscripción Nº 545.
O exército de Mitrídates quedou seriamente danado pero o rei conservou o dominio do mar, e deu o mando da frota ao romano Varius con orde de manter o dominio do mar Exeo mentres el regresaba a Bitinia. Lúculo·enviou aos seus lugartenentes Voconius e Triarius na súa persecución, mentres el mesmo se ocupaba de formar unha frota no Helesponto con achegas de todas as cidades gregas de Asia. O primeiro combate foi en Ilium, e Lúculo·derrotou á frota póntica, e o segundo foi en Lemnos onde a frota do rei foi case aniquilada e o mesmo Vario foi feito prisioneiro xunto co seu estado maior.Apiano, Bellum Mitrhidaticum 77; Plutarco, Lucullus 12; Cicerón Pro Lege Manilia 8, pro Murena 15; Eutropio, Brevario VI. 6; Memnon. 42.
Entón Lúculo púidose dirixir a Nicomedia onde estaban Cota e Triario que se preparaban para asediar a Mitrídates. O rei póntico, cando coñeceu a derrota da frota, fuxiu da cidade e escapou por mar cara ao seu reino. Lúculo reuniuse con Cota e Triario en Nicomedia e enviou ao primeiro a forzar o levantamento do asedio de Heraclea, e Triario, coa frota, foi enviado ao Bósforo, para impedir a unión das escuadras inimigas.