José Romão Martenetz, nado o 7 de febreiro de 1903 en Lviv e finado o 23 de febreiro de 1989 en Curitiba, foi un eclesiástico católico ucraíno brasileiro, 1º bispo de San Xoán Bautista en Curitiba entre 1971 e 1978.

Traxectoria Aínda que naceu en Ucraína, trasladouse moi novo cos seus pais ao Brasil. Estudou en Roma, e posteriormente foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat o 1 de xaneiro de 1928 por Isaias Papadopoulos.

A partir de 1953 traballou na curia basiliana en Roma, onde dirixiu unha comisión para a publicación da Biblia en lingua ucraína e foi reitor do Pontificio Colexio de San Xosafat.

O 10 de maio de 1958 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os católicos orientais no Brasil e bispo titular de Soldaia, recibindo a consagración episcopal o 15 de agosto de 1958 de mans do bispo de Stamford Ambrosii Senyshyn.

O 30 de maio de 1962 foi erixido o exarcado apostólico do Brasil para os ucraínos, e José Romão Martenetz foi nomeado o primeiro exarca. Cando o exarcado foi elevado a diocese, foi nomeado primeiro bispo de San Xoán Bautista en Curitiba. Retirouse o 10 de marzo de 1978. Finou en Curitiba o 23 de febreiro de 1989. Notas

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Lviv Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Finados en 1989 Categoría:Bispos católicos de Ucraína