O castelo de Montjuïc (en ) foi unha fortaleza militar e, despois da guerra civil, foi un museo militar. Dende 1963 é un equipamento municipal dependente do concello de Barcelona. Atópase no cumio da montaña de Montjuïc de Barcelona, a máis de 170 m de altura sobre unha formación rochosa.
Antecedentes miniatura|esquerda|260px|Atalaia de Montjuïc. Unha atalaia medieval destinada a informar con sinais da proximidade de barcos foi a primeira construción que ocupou o cumio da montaña, que se atopa no suroeste da cidade de Barcelona, chamado daquela en latín Mons Judaicus (Monte xudeu) ou Mons Jovicus (Monte de Xúpiter).
O nome de Montjuïc deriva de "mons judeiqus", expresión que fai referencia á presenza na montaña do cemiterio da comunidade xudía medieval de Barcelona, documentado como mínimo dende o século IX até o século XIV. A destrución do Call da cidade en 1391 comportou o abandono do cemiterio.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VILA CARABASSA, J.M., 2011. Castell de Montjuïc, Anuari d'arqueologia i patrimoni de Barcelona 2010. Muhba, Institut de Cultura, Ajuntament de Barcelona. p. 24-29.
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Sants-Montjuïc Categoría:Castelos de España