Francisco Núñez Rodríguez, nado en Ferrol en 1902 e finado en Madrid en 1972, foi un militar e político galego, gobernador e alto comisionado español da Guinea Española.
Traxectoria Entrou na Mariña cando aínda era moi novo. En 1956 ascendeu a Almirante e en 1962 foi elixido Gobernador Colonial de Guinea Ecuatorial. Durante o seu goberno realizouse o achado e o posterior traslado do gorila albino coñecido co nome de Folerpa de Neve (orixinalmente en castelán: Copito de Nieve) ao zoo de Barcelona. Así mesmo, durante o seu mandato déuselle autonomía á colonia e progresouse no proceso de descolonización do territorio, como estaba previsto pola ONU. Co proxecto de bases sobre autonomía, en 1965 desapareceu o posto de gobernador e converteuse no primeiro alto comisionado da colonia. En 1966 abandonou o cargo e pasou a exercer como Capitán Xeneral de Ferrol, cargo que mantivo ata 1971, momento no que volvería a Madrid, onde faleceu un ano máis tarde.
Vida persoal En 1922 casou con María Luisa López Sacone e Ordóñez de Barraicúa, Marquesa de Villarías.
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Marqueses de Galicia Categoría:Nados en 1902 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes