O dos aplacóforos (Aplacophora) son unha antiga clase do filo dos moluscos, subfilo dos aculíferos.Aplacophora no WoRMS. Aínda que antigamente se consideraba monofilético, hoxe se considera un grupo parafilético, xa que os dous subgrupos que incluía (Caudofoveata e Solenogastres) só teñen en común a ausencia de cuncha, non compartindo ningunha apomorfía.

Características

Existen ao redor de 250 especies. Teñen espículas calcarias. Carecen de ollos e de tentáculos, pero teñen unha amósega pedal que se cre que ten a mesma orixe que o pé doutros moluscos.

Algúns destes moluscos viven en anemones de mar e corais, e se encontran a máis de 200 m de profundidade.

Taxonomía Descrición A clase foi definida en 1876 polo zoólogo alemán, nacionalizado brasileiro Hermann von Ihering.

Etimoloxía O termo do latín científico Aplacophora está formado polos elementos a- do grego antigo α-, 'non', placo-, tirado do grego πλάξ ‎pláx, 'placa', -o (para facilitar a pronuncia) e -phora, plural de -phorus, derivada do grego φορέω phoreõ, 'levar'. Literalmente: 'os que non levan placas'.

Clasificación A clasificación clásica comprendía as dúas ordes seguintes:

Subclase Aplacophora Orde Caudofoveata Orde Solenogastres

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Adolph Remane, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2. Páxinas 133-135. Klaus-Jürgen Götting (1997): "Conchifera, Schalenweichtiere". En: Westheide, Rieger (ed.): Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Stuttgart / Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-437-20515-3.

Outros artigos Moluscos Conchíferos

Ligazóns externas Aplacophora na ADW

Categoría:Moluscos