A Rexión de Osh (en kirguiz: Ош областы) é unha rexión de Kirguizistán. A súa capital é Osh. Ten fronteiras nacionais coa Rexión de Batken, Rexión de Jalal-Abad e a Rexión de Naryn, e internacionais con Tadjiikistán, Uzbekistán, Xinjiang e a China.

A cidade de Osh, aínda que é a capital da rexión, non forma parte desta, xa que é unha das dúas cidades autogobernadas xunto a Bixkek.

Demografía En 2009, a Rexión de Osh (excluíndo a cidade de Osh) comprendía tres cidades (Nookat, Uzgen, e Kara-Suu), 2 vilas e 474 aldeas. De acordo co Censo de 2009, a poboación total era de 999,576. Deles, 82,841 persoas vivían en zonas urbanas, e 916,735 en zonas rurais.

Máis da metade dos uzbekos que moran en Kirguizistán, o fan na rexión de Osh.

Composición étnica Grupo étnico Poboación Proporciónda poboación Uzbekos 758036 68.6%</tr> Kirguiz 308688 28.0%</tr> Uigures 11181 1%</tr> Turcos 10934 1%</tr> Taxicos 6711 0.6%</tr> Azerís 3224 0.3%</tr> Rusos 1552 0.1%</tr> Tártaros 1337 0.1%</tr> Dungans 793 0.1%</tr> outros 1792 0.2%</tr>

Distritos A Rexión de Osh está dividida administrativamente en 7 distritos.

Distrito Capital Localización Distrito de Uzgen Uzgen Norte Distrito de Kara-Suu Kara-Suu Norte Distrito de Aravan Aravan Norte Distrito de Nookat Eski-Nookat Oeste Distrito de Chong-Alay Daroot-Korgon SuroesteDistrito de Alay Gul'cha Sueste Distrito de Kara-Kulja Kara-Kulja Leste

Enclaves e exclaves O único exclave kirguiz en Uzbekistán é administrado pola Rexión de Osh (Distrito de Kara-Suu). Situado no Val de Fergana, a vila de Barak (poboación 627) está na estrada de Osh a Khodjaabad (Uzbekistán), a 4 km ao noroeste da fronteira kirguiz-uzbeka en dirección Andijan.Map showing the location of the Kyrgyz exclave Barak.

Notas

Categoría:Subdivisións de Kirguizistán