O Parque Nacional de Durmitor atópase en Montenegro.
Datos de interese O Parque Nacional creouse no 1952 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior, o monte Durmitor acada os 2.522 metros. Predominan as forestas caducifolias con hábitats da alta montaña balcánica. Nas zonas máis elevadas dominan as praderías alpinas. A zona protexida abrangue 33.000 hectáreas.
Flora e fauna Gran presenza de faiais, piñeiro negral e piñeiro mugo. O mamífero máis salientábel é o oso pardo, mais tamén atopamos rebezos e a trilladeira nival dos Balcáns. Entre as aves salientar a aguia real, a perdiz grega e a pita do monte.
Véxase tamén
Ligazóns externas Descrición do parque na web da UNESCO .
Durmitor Categoría:Patrimonio da Humanidade en Montenegro Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1952