O porco vasco (en , en ) é unha raza porcina orixinaria do País Vasco. Tal e como se suxire polo seu nome en francés, os porcos vascos son pegos (brancos e negros).

Historia O que hoxe en día se coñece como porco vasco é unha das varias razas de porco que foron criadas historicamente polo pobo vasco, e que foi consolidada con este nome na década de 1920. Aínda que eran relativamente comúns até o século XX, os porcos vascos estiveron a piques de desaparecer en 1981, con menos de 100 femias en idade reprodutora.

Hoxe en día o porco vasco críase en pequenas granxas de Francia e España especializadas en comida tradicional vasca.

Características Os porcos vascos medran máis lentamente e desenvolven máis graxa que as razas modernas como o Large White, facéndoos pouco axeitados para a produción cárnica intensiva mais ideais para facer produtos curados de calidade. As femias paren arredor de nove bacoriños e teñen un forte instinto maternal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de razas de porcos

Categoría:Porco Categoría:Razas autóctonas do País Vasco