O porfobilinóxeno (PBG) é un pirrol implicado no metabolismo da porfirina.

Xérase a partir do aminolevulinato (ALA) pola acción do encima ALA deshidratase. O porfobilinóxeno é convertido despois en hidroximetilbilano polo encima porfobilinóxeno desaminase, tamén chamada hidroximetilbilano sintase.

A porfiria intermitente aguda causa un incremento do porfobilinóxeno urinario.

Notas

Categoría:Pirrois Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Aminas