Juan Antonio Cebrián, nado en Albacete o 30 de novembro de 1965 e finado en Madrid o 20 de outubro de 2007, foi xornalista, escritor e locutor de radio español.
Traxectoria Era coñecido sobre todo polos seus programas de radio, como La red, Azul y verde e Turno de Noche. Foi fundador e director da revista LRV e participou en publicacións coma Arqueología, Muy Interesante, Enigmas del hombre y del universo e Más Allá de la Ciencia. Desde 1997 e ata o seu falecemento dirixiu e presentou o programa de radio La Rosa de los Vientos (Fins de semana de 1:00am a 4:00 am), na emisora española Onda Cero. Colaboraba habitualmente co magazine dominical do diario El Mundo e coa revista Historia de Iberia Vieja. Faleceu con tan só 41 anos dun súbito ataque cardíaco.
Premios e logros 1994: Mellor Locutor (Asociación de Corresponsales Diplomáticos) 1995: Mellor programa Turno de Noite (carnaval del Toro en Ciudad Rodrigo 1998: Gaxo de ouro (confederación de cooperativas agrícolas) 1998: Mellor divulgación (Fondo Mundial de Protección á Natureza WWF/Adena) 2002: insignia de oro (Concello de Quintanar del Rey (Cuenca).
Obra Pasajes de la Historia, Ediciones Corona Borelis, 2001 (19 ediciones), ISBN 84-95645-41-6 La aventura de los godos, La Esfera de los Libros, 2002 (23 ediciones), ISBN 84-9734-189-9 La cruzada del sur, La Esfera de los Libros, 2003 (7 ediciones), ISBN 84-9734-265-8 Pasajes de la Historia II - Tiempo de héroes, Ediciones Corona Borealis, 2003 (4 ediciones), ISBN 84-95645-17-3 Pasajes del Terror, psicokillers asesinos sin alma, Ediciones Nowtilus, 2003 (2 ediciones), ISBN 84-9763-019-X La aventura de los romanos en Hispania, La Esfera de los libros, 2004 (10 ediciones), ISBN 84-9734-355-7 Mis favoritos, La Esfera de los libros (3 ediciones), ISBN 84-9734-284-4 Enemigos íntimos de la historia, La Esfera de los libros, 2005 Enigma: De las Pirámides de Egipto al Asesinato de Kennedy, Temas de Hoy, 2005 (11 ediciones), ISBN 84-8460-451-9 El Mariscal de las Tinieblas. La Verdadera Historia de Barba Azul, Temas de Hoy, 2005, ISBN 84-8460-497-7
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial de Juan Antonio Cebrián Rosa de los vientos - Web creada polo oíntes do programa Onda Cero
Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Nados en Albacete Categoría:Nados en 1965 Categoría:Finados en 2007