250px|miniatura|Colexio Rabínico Reconstrucionista, Wyncote, Pensilvania. miniatura|O Rabino Mordecai Kaplan (1881-1983) foi o fundador do reconstrucionismo.
O xudaísmo reconstrucionista (en , yahadút rekonstruktsyonistit, ou , yahadút mitkhadéshet) é un movemento relixioso do xudaísmo moderno que ve o xudaísmo como unha evolución progresiva da civilización e está baseado no concepto desenvolvido por Mordecai Caplan (1881–1983). O movemento orixinouse como unha corrente semiorganizada dentro do xudaísmo conservador e desenvolveuse dende finais da década de 1920 até a de 1940, antes de separarse en 1955 e estabelecer unha escola rabínica en 1967.
Hai unha diversidade teolóxica substancial dentro do movemento. Halakha, o corpo colectivo da Lei Xudía, non se considera vinculada, pero é tratada como un remanente cultural valioso que debe manterse a menos que exista unha razón para o contrario. O movemento salienta os puntos de vista positivos cara a modernidade, e ten un enfoque do costume xudeu que sinala cara a toma de decisións comunais a través dun proceso de educación e destilación de valores de fontes xudías tradicionais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xudaísmo Teoloxía secular
Bibliografía Platform on Reconstructionism, FRCH Newsletter, Sept. 1986. Alpert, Rebecca T. e Jacob J. Staub (1988). Exploring Judaism: A Reconstructionist Approach, The Reconstructionist Press. Lubarsky, Sandra B. e David Ray Griffin (eds.) (1996), Jewish Theology and Process Thought. Nova York: State University of New York Press Jacobs, Louis (1990). God, Torah, Israel: Traditionalism Without Fundamentalism. Cincinnati: Hebrew Union College Press. Kaplan, Mordecai (1994). Judaism As a Civilization. The Jewish Publications Society. Kaplan, Mordecai (1962). "The Meaning of God in Modern Jewish Religion"
Ligazóns externas Jewish Reconstructionist Communities Reconstructionist Rabbinical College Reconstructionist Rabbinical Association
Categoría:Xudaísmo