Shot é un álbum da banda estadounidense de noise rock The Jesus Lizard, publicado o 16 de abril de 1996 a través do selo Capitol Records. Impresionado polo seu traballo no disco Houdini dos Melvins, o grupo contratou ao produtor GGGarth para gravar este traballo. Destaca deste álbum unha produción moi distinta das voces de David Yow, que son moito máis claras e altas na mestura en comparación con anteriores gravacións.

Este é o primeiro álbum de estudio da banda que non foi producido por Steve Albini, ademais de ser o seu primeiro editado por Capitol. Tense falado moito sobre que Albini negouse a traballar coa banda debido a que asinaran cun selo grande, a pesar de que o produtor o negou en comentarios realizados nunha recensión, aparecida na páxina web de Paste Magazine, tras a reedición en 2009 do disco a través de Touch and Go Records.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de The Jesus Lizard Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Garth Richardson Categoría:Álbums de Capitol Records