O illote do Castelo é unha illa galega situada na desembocadura do río Oitavén, na enseada de San Simón. Pertence á parroquia de Ponte Sampaio, do concello de Pontevedra. Localízase a escasos metros da costa, de xeito que durante a baixamar é posíbel a comunicación por terra co illote, nunha zona de baixos limosos, empregados adoito para o marisqueo.

A illa atópase deshabitada, e non se conserva ningún vestixio de construción agás un cruceiro e unha estatua, ambas as dúas do século XX. A vexetación é a mesma que a da costa galega, isto é, na súa meirande parte matogueiras, piñeiros e eucaliptos.

Etimoloxía Neste illote existiu unha pequena fortificación, o castelo de San Paio de Luto. De aspecto circular, no punto máis elevado da illa apreciaríase unha estrutura cuadrangular que poderían formar os alicerces dun antigo castelo.

No século XVII o Padre Sarmiento teorizaba sobre a illa ao suxerir a posibilidade de que existise unha pequena construción defensiva para a protección de Ponte Sampaio.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Illa da Insuíña Salinas de Ulló Ligazóns externas Ficha en galiciamaxica.gal

Categoría:Pontevedra Castelo Categoría:Enseada de San Simón