O Gran Premio de Hungría de 1987, foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 9 de agosto de 1987, no circuíto de Hungaroring. Foi a novena carreira da tempada de 1987.

Foi o terceiro Gran Premio de Hungría e o segundo desde o seu reinicio en 1986 no circuíto de Hungaroring. A carreira disputouse sobre 76 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 305 quilómetros.

A carreira foi gañada polo eventual campión mundial de 1987, o piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Williams FW11B. Foi a segunda vitoria consecutiva de Piquet logo de gañar no Gran Premio de Alemaña. Foi unha vitoria de rebote, logo de que o Williams Nigel Mansell perdese a porca da roda dianteira dereita na volta 70. O piloto brasileiro Ayrton Senna terminou en segunda posición no seu Lotus 99T por diante do actual campión do mundo Alain Prost no seu McLaren MP4/3.

O piloto belga Thierry Boutsen (Benetton B187) perseguiu aos líderes durante toda a carreira para ser recompensado coa cuarta posición por diante do Brabham BT56 do italiano Riccardo Patrese. O último punto do campionato foi para o británico Derek Warwick no seu Arrows A10. Warwick enfermo de gripe e conxuntivite, afirmou que o punto nun circuíto tan esixente fisicamente foi un logro notable, dadas as circunstancias. Jonathan Palmer logrou os puntos do Jim Clark Trophy acabando sétimo no seu Tyrrell DG016 co seu compañeiro de equipo Philippe Streiff noveno detrás do segundo Arrows de Eddie Cheever. O piloto italiano Ivan Capelli foi décimo no March 871. A vitoria permitiu a Piquet ampliar a vantaxe de puntos no campionato a sete sobre Senna e 18 sobre Mansell. Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Nelson Piquet Williams-Honda 76 1:59:26.793 3 9 2 12 Ayrton Senna Lotus-Honda 76 + 37.727 6 6 3 1 Alain Prost McLaren-TAG 76 + 1:27.456 4 4 4 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 75 + 1 volta 7 3 5 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 75 + 1 volta 10 2 6 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 74 + 2 voltas 9 1 7 (1) 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 74 + 2 voltas 16 8 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 74 + 2 voltas 11 9 (2) 4 Philippe Streiff Tyrrell-Ford 74 + 2 voltas 14 10 (3) 16 Ivan Capelli March-Ford 74 + 2 voltas 18 11 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 73 + 3 voltas 20 12 26 Piercarlo Ghinzani Ligier-Megatron 73 + 3 voltas 25 13 (4) 14 Pascal Fabre AGS-Ford 71 + 5 voltas 26 14 5 Nigel Mansell Williams-Honda 70 Roda 1 Ret 21 Alex Caffi Osella-Alfa Romeo 64 Sistema combustible 21 Ret 25 René Arnoux Ligier-Megatron 57 Eléctrico 19 Ret 30 Philippe Alliot Lola-Ford 48 Accidente 15 Ret 9 Martin Brundle Zakspeed 45 Turbo 22 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 43 Motor 5 Ret 8 Andrea de Cesaris Brabham-BMW 43 Caixa de cambios 13 Ret 2 Stefan Johansson McLaren-TAG 14 Caixa de cambios 8 Ret 19 Teo Fabi Benetton-Ford 14 Caixa de cambios 12 Ret 23 Adrián Campos Minardi-Motori Moderni 14 Trompo 24 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 13 Diferencial 2 Ret 10 Christian Danner Zakspeed 3 Motor 23 Ret 11 Satoru Nakajima Lotus-Honda 1 Eixo de transmisión 17

Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de piloto PosPilotoPuntos 1 Nelson Piquet 48 2 Ayrton Senna 41 3 Nigel Mansell 30 4 Alain Prost 30 5 Stefan Johansson 19

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Honda78 2 McLaren-TAG49 3 Lotus-Honda47 4 Ferrari17 5 Tyrrell-Ford8

Clasificación Trofeo Jim Clark PosPilotoPuntos 1 Jonathan Palmer 57 2 Philippe Streiff 45 3 Pascal Fabre 35 4 Philippe Alliot 19 5 Ivan Capelli 10

Clasificación Trofeo Colin Chapman Pos Construtor Puntos 1 Tyrrell-Ford102 2 AGS-Ford35 3 Lola-Ford19 4 March-Ford10

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Hungría Categoría:Gran Premio de Hungría de Fórmula 1