O Gran Premio de México de 1987 de Fórmula 1 celebrouse na Cidade de México o 18 de outubro de 1987. A carreira, que foi a décimo cuarta da Fórmula Un de . Foi o 11º Gran Premio de México e o segundo desde o regreso ao calendario do Mundial do Autódromo Irmáns Rodríguez, logo da súa renovación.

Resumo

A carreira disputouse durante un total de 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 279 quilómetros. A carreira dividiuse involuntariamente en dúas partes logo de que o piloto británico Derek Warwick chocara fortemente co seu Arrows A10 a gran velocidade na saída da curva Peraltada na volta 31. Os resultados das primeiras 30 voltas combináronse cos resultados da segunda carreira de 33 voltas para crear un resultado combinado.

A carreira foi gañada polo piloto británico Nigel Mansell pilotando un Williams FW11B. O tempo combinado de Mansell sobre as 63 voltas foi 26 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo, o brasileiro e eventual campión do mundo de 1987, Nelson Piquet. Piquet en realidade foi o primeiro en chegar ao final da segunda manga, pero a vantaxe de Mansell sobre Piquet no momento do accidente de Warwick era substancialmente maior. Piquet atrasouse logo dunha colisión con Alain Prost (McLaren MP4/3) ao principio da carreira.

Foi a sexta e última vitoria nun Gran Premio de Mansell durante a tempada de 1987. Riccardo Patrese terminou en terceiro lugar pilotando un Brabham BT56. Foi o mellor resultado de Patrese desde que terminara terceiro no Gran Premio de Italia de 1984. Foi o segundo podio do ano para Brabham. Brabham só lograría outro podio antes da súa retirada en .

O desgaste afectou fortemente á carreira e só quince coches tomaron a segunda saída da carreira. Ao final sobreviviron nove. O coches de aspiración natural do Jim Clark Trophy metéronse nos puntos con Philippe Alliot (Lola LC87) logrando o seu terceiro resultado top seis da tempada.

A vitoria de Mansell permitiulle achegarse a doce puntos do líder do campionato, o seu compañeiro de equipo. A falta de dúas carreiras, só os dous pilotos de Williams tiñan suficientes puntos para gañar o campionato.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Nigel Mansell Williams-Honda 63 1:26:24.207 1 9 2 6 Nelson Piquet Williams-Honda 63 + 26.176 3 6 3 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 63 + 1:26.879 8 4 4 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 63 + 1:41.352 12 3 5 19 Teo Fabi Benetton-Ford 61 + 2 voltas 6 2 6 (1) 30 Philippe Alliot Lola-Ford 60 + 3 voltas 24 1 7 (2) 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 60 + 3 voltas 22 8 (3) 4 Philippe Streiff Tyrrell-Ford 60 + 3 voltas 25 9 (4) 29 Yannick Dalmas Lola-Ford 59 + 4 voltas 23 Ret 12 Ayrton Senna Lotus-Honda 54 Embrague 7 Ret 16 Ivan Capelli March-Ford 51 Fuga auga 20 Ret 21 Alex Caffi Osella-Alfa Romeo 50 Motor 26 Ret 26 Piercarlo Ghinzani Ligier-Megatron 43 Fuaga auga 21 Ret 23 Adrián Campos Minardi-Motori Moderni 32 Transmisión 19 Ret 25 René Arnoux Ligier-Megatron 29 Temperatura 18 Ret 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 26 Accidente 11 Ret 8 Andrea de Cesaris Brabham-BMW 22 Accidente 10 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 20 Turbo 2 Ret 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 15 Eléctrico 4 Ret 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 13 Turbo 14 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 12 Motor 9 Ret 9 Martin Brundle Zakspeed 3 Turbo 13 Ret 2 Stefan Johansson McLaren-TAG 1 Colisión 15 Ret 11 Satoru Nakajima Lotus-Honda 1 Colisión 16 Ret 10 Christian Danner Zakspeed 1 Colisión 17 Ret 1 Alain Prost McLaren-TAG 0 Colisión 5

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de piloto PosPilotoPuntos 1 Nelson Piquet 73 (76) 2 Nigel Mansell 61 3 Ayrton Senna 51 4 Alain Prost 46 5 Stefan Johansson 26

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Honda137 2 McLaren-TAG72 3 Lotus-Honda57 4 Ferrari26 5 Benetton-Ford22

Clasificación Trofeo Jim Clark PosPilotoPuntos 1 Jonathan Palmer 77 2 Philippe Streiff 68 3 Philippe Alliot 43 4 Ivan Capelli 38 5 Pascal Fabre 35

Clasificación Trofeo Colin Chapman Pos Construtor Puntos 1 Tyrrell-Ford145 2 Lola-Ford43 3 March-Ford38 4 AGS-Ford35

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos nos catro grupos de clasificación.

Notas Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1987 Categoría:Gran Premio de México de Fórmula 1