Álvaro Landeira Martínez foi un político galego.

Traxectoria Funcionario de Telégrafos destinado en Vilagarcía de Arousa en 1934, e despois en Pontevedra. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo durante seis meses.BOE, 9-5-1937, p. 1. Nos anos cincoenta era xefe de Telégrafos de Ribeira. Logo da morte de Miguel Rodríguez Bautista, sucedeuno Andrés Filgueira Paz como alcalde interino e posteriormente foi nomeado alcalde de Ribeira polo gobernador civil Evaristo Martín Freire. Ao acto de toma posesión asistiu o marqués de Revilla, Joaquín Otero Goyanes. Permaneceu no cargo até 1963. Foi deputado provincial polo distrito de Noia de 1961 a 1963.Hoja Oficial del Lunes, 27-3-1961, p. 9.

Vida persoal Casou en Ribeira con Milagros Fariña Puente en setembro de 1934,El Pueblo Gallego, 25-9-1934, p.2. e foi pai de Milagros e Álvaro Landeira Fariña.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña