O Aeroporto de Londres-Southend (IATA: SEN, ICAO: EGMC) é un aeroporto internacional no distrito de Rochford en Essex, Inglaterra, aproximadamente a 68 quilómetros (42 mi) do centro de Londres.
Durante a década de 1960, Southend foi o terceiro aeroporto máis transitado no Reino Unido. Mantívose como o terceiro aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros de Londres até a fin da década de 1970, cando o papel de "terceiro aeroporto de Londres" pasou a StanstedEasyJet to offer flights from Southend Financial Times, published 2011-06-16. Retrieved 17 June 2011. Despois da súa compra por parte de Stobart Group en 2008, que estableceu un programa de constante desenvolvemento, cunha terminal de nova construción e a torre de control, e un servizo de tren regular que vai desde a estación do aeroporto de Southend á Liverpool Street no centro de Londres.
EasyJet comezou os seus servizos mediante a apertura dunha base en abril de 2012. A empresa irlandesa Aer Lingus Regional iniciou voos regulares a Dublín en maio dese mesmo ano. Como resultado, o aeroporto experimentou un rápido aumento no número de pasaxeiros. Arredor de 617.000 pasaxeiros utilizaron o aeropuerto durante o ano 2012. Con 721.661 pasaxeiros nos 12 meses seguintes ao inicio destes servizos. O número de pasaxeiros creceu até aproximadamente 970 000 en 2013. O operador aeroportuario espera aumentar o número de pasaxeiros a dous millóns para o ano 2020.
Descrición O aeroporto está localizado entre Rochford e Southend, no condado de Essex, a 58 km (36 mi) ao leste de Londres. Dispón dunha única pista de 1.856 metros (6.089 ft) de asfalto, con capacidade máxima para acoller aeronaves tipo Boeing 757.
A terminal actual completouse en febreiro de 2012, e tén dúas cafetarías, un bar, duty-free, un quiosco de WHSmith, caixeiro dispensador de Libras esterlinas,e Euros, unha axencia de troco de divisas, alugueiro de taxi, alugueiro de coches de Europcar e Hertz.
A vella terminal presta agora servizo para avións privados, con salas de espera propias e salas de conferencias.
Aeroliñas e destinos
Accesos miniatura|Estación de Southend Airport
Tren Desde 2011, o aeroporto ten a súa propia estación de tren preto da terminal de pasaxeiros, Estación de Southend Airport na Liña Shenfield-Southend, a cal está servida por Abellio Greater Anglia conectando o aerporto coa Estación de Liverpool Street en Londres con até 8 frecuencias por hora e na Estación de Southend-Victoria na outra dirección. A viaxe ao centro de Londres leva aproximadamente 53 minutos.
Estrada Ao aerporto pódese chegar en 20 minutos desde o Nó 29 na M25 vía A127. Está servido por buses de Arriva Southend desde a entrada do aeroporto a Southend (7, 8 e 9), Rochford (7 e 8), Ashingdon (7), Hawkwell (8), Hockley (7 e 8), Eastwood (9) e Rayleigh (7, 8 e 9). As liñas 7, 8 e 9 son operadas normalmente con buses modernos, de plataforma baixa e acceso para persoas con mobilidade reducida. First Essex opera a liña X30 desde a terminal a Chelmsford e o aeroporto de Londres-Stansted.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aeroporto de Londres-Gatwick Aeroporto de Londres-Stansted Aeroporto de Londres-Luton Aeroporto da Cidade de Londres Aeroporto de Londres-Heathrow
Londres Stansted