FIP (orixinalmente France Inter Paris) é unha emisora de radio francesa de ámbito nacional pertencente á cadea pública Radio France. Iniciou as súas emisións o 5 de xaneiro de 1971.

Formato O concepto que hai detrás de FIP apenas cambiou dende a súa creación: música continua, interrompida só para boletíns de tráfico, anuncios ocasionais sobre próximos eventos, e emisión de noticias breves 10 minutos antes de cada hora, pero sen publicidade.

A programación de FIP é unha mestura ecléctica de xéneros musicais: chanson, clásica, música de cine, jazz, rock, música do mundo e máis, pero poñendo un especial coidado no paso dun tema a outro. FIP é unha das poucas emisoras do mundo en transmitir este tipo de programación durante todo o día.

Historia A emisora foi creada o 5 de xaneiro de 1971 por Jean Garetto e Pierre Codou, ambos presentadores de fin de semana en France Inter. Emitía desde París, en 514 m (585 kHz) na onda media, de aí o seu nome orixinal France Inter Paris 514. Destacou polo seu particular estilo de programar e o ton doce dos seus locutores informando dos problemas de tráfico con humor e ironía.

Logo de París, a emisora foi emulada noutras cidades (Lión, Marsella e así sucesivamente), nas cales emiten a mesma música e noticias cos eventos e o estado do tráfico local. A letra P en FIP cambia segundo a localización: FIB, FIL, FIM e así sucesivamente.

Como a maioría de emisoras de Radio Francia, FIP pasou á FM e estéreo.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da emisora

Categoría:Emisoras de radio de Francia