A Wikipedia en neerlandés (en ) é a edición en neerlandés de Wikipedia. Comezada en xuño de 2001, esta edición tiña uns 100.000 artigos en outubro de 2005, e foi a cuarta Wikipedia en superar o millón de artigos, despois das edicións inglesa, alemá e francesa.
Esta versión da enciclopedia contén artigos e usuarios, dos cales son activos.All Wikipedias ordered by number of articles
Evolución Estivo na sexta posición por número de artigos, aínda que foi superada pola xaponesa, e pola Wikipedia en español en xuño de 2010 manténdose desde entón no oitavo posto até ser superada pola Wikipedia en portugués en decembro de 2010 e pouco despois pola Wikipedia en ruso.
En abril de 2011 volveu superar en cantidade de artigos á Wikipedia en portugués. En outubro de 2011 adiantou á Wikipedia en ruso e en xaponés, e tras aumentar en 80.000 artigos en apenas once días grazas ao uso de bots, superou á Wikipedia en español e á Wikipedia en polaco o 30 de outubro de 2011, alcanzando así o quinto posto en cantidade de artigos.Lista de Wikipedias al 20 de octubre de 2011 (en inglés)Lista de Wikipedias al 31 de octubre de 2011 (en inglés) En novembro de 2011 superou á Wikipedia en italiano, colocándose cuarta en número de artigos e alcanzou a cifra dun millón de artigos trala creación por parte de bots de máis de 100.000 artigos en só 10 días. Durante abril de 2012 superou á Wikipedia en francés, colocándose terceira en número de artigos. A partir de febreiro de 2013, grazas a un bot que crea preto de 1.000 artigos por hora, a Wikipedia en neerlandés engadiu velozmente máis de 400.000 artigos, pasando de 1.100.000 en febreiro a máis de 1.500.000 a fins de abril de 2013. En xuño de 2013 superou á Wikipedia en alemán, pasando a ocupar a segunda praza tras a Wikipedia en inglés. Posteriormente volveu a baixar á cuarta posición.
Ten 757 693 usuarios, dos cales 4147 son activos.
Fitos 12 de abril de 2013: 1.500.000 artigos. 17 de decembro de 2011: 1.000.000 artigos. 7 de decembro de 2011: 900.000 artigos. 31 de outubro de 2011: 850.000 artigos. 22 de outubro de 2011: 800.000 artigos. 18 de setembro de 2011: 750.000 artigos. 19 de xuño de 2011: 700.000 artigos. 7 de novembro de 2010: 650.000 artigos. 30 de abril de 2010: 600.000 artigos. 30 de xullo de 2009: 550.000 artigos. 30 de novembro de 2008: 500.000 artigos. 17 de xaneiro de 2008: 400.000 artigos. 15 de setembro de 2007: 350.000 artigos. 29 de maio de 2007: 300.000 artigos. 26 de decembro de 2006: 250.000 artigos. 24 de maio de 2006: 200.000 artigos. 18 de marzo de 2006: 150.000 artigos. 14 de outubro de 2005: 100.000 artigos. 27 de xaneiro de 2005: 50.000 artigos. 7 de febreiro de 2004: 20.000 artigos. 3 de agosto de 2003: 10.000 artigos. 19 de xuño de 2001: 1 artigo.
Dato No ano 2013, o 57% dos seus artigos están editados por robots.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía de Smits, Ap. "Dat zoeken we op! Wikipedia vs. de Britannica en Encarta". Personal Computer Magazine, en abril de 2008. Ligazóns externas Wikipedia en neerlandés Wikipedia en neerlandés (móbil)
Neerlandes Categoría:Lingua neerlandesa Neerlandés