Emilio Méndez Brandón, finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1921,El Eco de Santiago, 13-5-1921, p. 3. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Sobriño de Daniel Modesto Brandón e irmán de Eduardo Méndez Brandón. Avogado en Santiago de Compostela, foi concelleiro e síndico republicano na última década do século XIX. Fundou e dirixiu o xornal compostelán El Boletín del Pueblo ata o 25 de xuño de 1889, en que foi substituído polo tamén avogado Manuel García de Castro. Era propietario dunha casa situada a carón de San Domingos de Bonaval.

Vida persoal Casou con Valentina Bartolomé González e foi pai de Emilio Méndez-Brandón Bartolomé.

Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1921 Categoría:Nados en ano descoñecido