A dos dentalíidos (Dentaliida) é unha orde de moluscos, unha das dúas que compoñen a clase dos escafópodos, que comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente como dentalios.dentalio s.m. Molusco escafópodo (Dentalium vulgare), de cuncha tubular e afusada, en forma de dente de elefante [vive en fondos lamacentos, sobre todo no interior das rías]. En: Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009.

Aparecen no rexistro fósil no carbonífero temperán, hai uns 350 millóns de anos.Yoo, E. K. (1988): "Early Carboniferous Mollusca from Gundy, Upper Hunter, New South Wales" Records of the Australian Museum 40 (4): 233–264.

Taxonomía Descrición Segundo moitos autores a orde foi descrita en 1776 polo filósofo e naturalista británico Emanuel Mendez da Costa,Order Dentaliida Da Costa 1776 en Fossilworks.Dentaliida da Costa, 1776 no ITIS.Dentaliida da Costa, 1776 en uBio. pero, segundo outros, a descrición corresponde ao zoólogo ruso Yaroslav Igórevich Starobogatov, que o fixo en 1974.Dentaliida Starobogatov, 1974 no WoRMS.

Etimoloxía O nome científico Dentalia está formado polo elemento denti-, do nome do xénero tipo da orde (e da familia dos dentalíidos), Dentālǐum,.Dentalium en MyEtymology. á súa vez derivado do latín dens, dentis, 'dente', coa desinencia -ĭa, incicando plural.

Clasificación Segundo o World Register of Marine Species, a orde comprende as seguintes familias: Anulidentaliidae Chistikov, 1975 Calliodentaliidae Chistikov, 1975 Dentaliidae Children, 1834 Fustiariidae Steiner, 1991 Gadilinidae Chistikov, 1975 Laevidentaliidae Palmer, 1974 Omniglyptidae Chistikov, 1975 Rhabdidae Chistikov, 1975

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3. D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160. Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña. Steiner, G. & Kabat, A. R. (2004): "Catalog of species-group names of Recent and fossil Scaphopoda (Mollusca). Zoosystema 26 (4): 549-726. Ver en liña. VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.

Outros artigos Moluscos Escafópodos

Ligazóns externas Dentaliida na ADW. Dentaliida na EOL. Dentaliida da Costa, 1776 no ITIS. Dentaliida da Costa, 1776 en uBio. Dentaliida no NCBI. Dentaliida en Catalogue of Life: 25th March 2016. Species2000. ITIS.

Categoría:Escafópodos