O príncipe Henrique de Sussex, de nome completo Henry Charles Albert David Windsor e coñecido informalmente como Príncipe Harry, nado en Londres o 15 de setembro de 1984, é o fillo máis novo do rei Carlos III do Reino Unido e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo.

Cando naceu ocupaba o terceiro lugar na liña de sucesión ao trono británico, pero despois do nacemento dos seus sobriños, os príncipes Xurxo, Carlota e Lois, fillos do seu irmán Guillerme, ocupa o posto número seis.

Ao culminar a súa educación en colexios do Reino Unido e pasar parte do seu ano sabático en Australia e Lesotho, optou por seguir a carreira militar, formándose na Real Academia de Sandhurst. Foi comisionado como cornet no The Blues and Royals do Household Cavalry Regiment (cabalería do rexemento), servindo temporalmente xunto ao seu irmán William e completando a súa formación como líder de tropa. En 2007 e 2008 serviu durante 77 días en Helmand (Afganistán) pero foi retirado do lugar tras divulgarse a súa presenza alí por unha revista australiana. Regresou a Afganistán para unha despregadura de 20 semanas en 2012 e 2013 xunto á Army Air Corps.

O 19 de maio de 2018 casou con Meghan Markle. O 15 de outubro do mesmo ano, anunciouse que os duques esperaban o seu primeiro fillo. O 6 de maio de 2019 a duquesa deu a luz a un varón, Archie Harrison Mountbatten-Windsor.

Ascendencia

Notas

Véxase tamén

Familia real británica

Categoría:Familia real británica Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1984