Antalis vulgaris é unha especie de molusco escafópodo da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae), unha das moitas que incúe o xénero Antalis.Antalis vulgaris (da Costa, 1778) no WoRMS.
Descrición A especie foi descrira en 1778 polo naturalista británico Emanuel Mendez da Costa, co nome de Dentalium vulgare, na súa obra Historia Naturalis Testaceorum Britanniae, or, The British Conchology. (Ver en liña), publicada en Londres por Millan, White, Elmsley & Robson.
Sinónimos Ademais de polo nome que lle adxudicou da Costa, e de polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Antalis vulgare (da Costa, 1778) - incorrecto Dentale vulgare da Costa, 1778 - incorrecto Dentalium labiatum Turton, 1822 Dentalium laeve Turton, 1819 Dentalium striolatum Risso, 1826 Dentalium tarentinum Lamarck, 1818 Dentalium vitreum Gmelin, 1791
Características Ten a cuncha de até 40 mm de lonxitude, alongada, lisa, en forma dun dente de elefante en miniatura, cos extremos abertos (como as de todos os escafópodos), e cun pequeno tubo no extremo apical, o extrermo inferior é truncado e está rodeado por un groso calo que lle serve de tapa. A cuncha é abrancazada, co extremo apical rosado. O animal é de cor abrancazada.Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996), páx. 269.
A cuncha é moi semellante á da outra especie galega do xénero, A. novemcostata, da que se diferencia porque carece das súas fortes costelas lonxitudinais, e polo seu extremo apical, menos afiado.
En Galicia En Galicia é abundante, e vive en fondos areosos da rexión infralitoral, especialmente nas costas máis abertas.
Notas
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3. D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160. Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña. VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.
Outros artigos Dentalíidos Escafópodos Antalis Ligazóns externas Antalis vulgaris (da Costa, 1778) no ITIS. Antalis vulgaris/iesasfontinhas/DEPARTAMENTOS/DEPARTAMENTOS/CIENCIAS/images/mollusca/pages/Antalis%20vulgaris.htm Cairo de elefante Antalis vulgaris Imaxes. En IES "As Fontiñas". Antalis vulgaris (da Costa, 1778) en Asturnatura . Antalis vulgaris en Club d'inmersió biològica Antalis vulgaris en Données d'Observations pour la Reconnaissance et l'Identification de la faune et la flore Subaquatiques'' (DORIS) . Antalis vulgaris na ADW. Antalis vulgaris na EOL.
Categoría:Escafópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1778