Nova Esquerra Catalana (NECat, en galego: Nova Esquerda Catalá) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata e independentista catalán. Fundouse o 15 de decembro de 2012 en Sitges baixo o impulso de Ernest Maragall, ex-dirixente do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).

Presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya e Catalunya Sí, baixo o nome de L'Esquerra pel Dret a Decidir. A coalición obtivo dous escanos, entre eles Ernest Maragall, que ocupaba o segundo posto na lista electoral.

O 28 de agosto de 2014 houbo un encontro en Palamós organizado por Nova Esquerra Catalana e Avancem para iniciar o curso político en Cataluña. Naquela ocasión, as dúas organizacións manifestaron a vontade de confluír nunha nova organización antes de finais do 2014.

O 22 de novembro de 2014 presentou a súa confluencia con Moviment Catalunya para crear unha nova candidatura definida como socialista, catalanista e soberanista. O 30 de novembro anúnciase a fusión baixo a denominación Moviment d'Esquerres (MES).

Notas

Véxase tamén Moviment d'Esquerres

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Partidos políticos de Cataluña