Pelecanus thagus, xeralmente chamado pelicano peruano, é unha especie de aves mariñas do xénero dos pelicanos que habita nas costas do Pacífico de América do Sur. Actualmente considérase que constitúe unha especie e que non é unha subespecie do Pelecanus occidentalis como se considerou anteriormente.

Distribución

O pelicano peruano habita as costas do Pacífico do Perú e Chile, e chega polo sur ata o Canal de Beagle fronte á illa Picton; na Arxentina é accidental, en especial en lagos da cordilleira: Lago Puelo, e Lago Fagnano.Chébez, J.C. (2009): Otros que se van. Fauna argentina amenazada.545 pp., Ed.Albatros, Buenos Aires, Argentina

Descrición

Mide de 1,1 a 1,5 metros de longo e a súa envergadura pode superar lixeiramente os 2,28 m. Posúen un gran peteiro de cor amarela cunha bolsa na parte inferior (chamada bolsa gular) que utiliza para capturar e gardar os peixes cos que se alimenta. Captura os peixes mergullándose na auga desde a altura cando vai en voo, no que se parece a P. occidentalis, pero no que se diferencia do resto dos pelicanos, que pescan nadando pola superficie. Ten un aspecto máis ben escuro, xa que a súa plumaxe é de cor parda escura no dorso, mentres que a súa fronte, peito e laterais do pescozo son de cor branca. A parte dorsal do pescozo, se torna parda durante o período reprodutivo. Ten un penacho de plumas na cabeza. En tamaño é case o dobre que o P. occidentalis, cun peso medio de 7 kg.

Reprodución A principal tempada reprodutora é entre setembro e marzo. O tamaño da posta é xeralmente de dous a tres ovos. Os ovos son incubados durante unha 4 ou 5 semanas, e a crianza dos pitiños dura uns 3 meses.

Status Desde 2008 o seu status está avaliado como "case ameazada" (NT) na Lista vermella da IUCN.BirdLife International (BLI) (2008) Peruvian Pelican Species Factsheet , 2008 IUCN Redlist status changes .

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pelicano peruano en avesdelima.com

Categoría:Pelecaniformes Categoría:Animais descritos en 1782